Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ROSENDO MERCADO ACTÚA HOXE DENTRO DAS FESTAS DE VERÁN DE NARÓN 2010
O artista sustituirá a Miguel Bosé, que a última hora caéuse do cartel por enfermidade. Berrogüeto e Mercedes Peón tamén actuarán este fin de semana en Xuvia.
Narón, 16 de xullo de 2010.- O artista Rosendo Mercado actuará hoxe a partires das 23:00 horas no paseo marítimo de Xuvia, dentro das Festas de Verán de Narón 2010. Sustitúe así a Miguel Bosé, quen a última hora de onte cancelou inesperadamente a súa actuación debido a unha larinxitis. O concerto de Rosendo, quen presentará os temas do seu derradeiro disco "A veces cuesta llegar al estribillo" terá unha duración aproximada de 2 horas. Ó finalizar, haberá un espectáculo de música disco con 30.000 watios de son. O Concello de Narón iniciou onte a programación dos festexos de verán, que teñen lugar no municipio do 15 ó 18 de xullo no paseo marítimo de Xuvia. Tódalas actuacións son gratuitas, e a partires das 18:00 horas hai unha feira de artesanía no propio paseo. O calendario de Festas é o seguinte: Xoves 15 de xullo 22:00 horas: actuación da Orquestra América. 23:30 horas: actuación do grupo Mago de Oz . 01:30 horas: actuación da Orquestra América. Venres 16 de xullo 23:00 horas: Rosendo en concerto. 01:00 horas: espectáculo de música disco. Sábado 17 de xullo 21:00 horas: XX Festival Internacional de Folclore (coa participación de Illa Martinica, Senegal, Indonesia, España e Galicia). 23:00 horas: Sesión de fogos artificiais. Domingo 18 de xullo 20:00 horas: Festival Folc con Mercedes Peón, e Berrogüeto. As festas están organizadas pola Concellería de Festas de Narón e o Padroado de Cultura, en colaboración co Xacobeo 2010 e a Deputación de A Coruña.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal