Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLE O CICLO TEATRAL "OS DOMINGOS DE MELPÓMENE"
Durante os vindeiros domingos, se representarán espectáculos teatrais ás 19:00 horas con entrada de balde.
Narón, 9 de Setembro de 2010.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá dende o domingo 12 de setembro o ciclo teatral “Os domingos de Melpómene” organizado pola asociación teatral “O aturuxo de Melpómene” en colaboración co Padroado de Cultura de Narón. Os espectáculos, con entrada de balde, comenzarán ás 19 horas e a programación é a seguinte: *Domingo 12 de setembro: “Transilvania” do Grupo Carfax Teatro (Culleredo) *Domingo 19 de setembro: “A porta das mentiras” da compañía TEN (da Escola de Teatro de Narón) *Domingo 26 de setembro: “Longa vida a Martiño de Güimil” do Grupo Escoitade (Valadares-Vigo) *Domingo 3 de outubro: “Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fora” do Grupo O Trasno Novo Teatro (San Andrés de Comesaña-Vigo) *Domingo 10 de outubro: “O Método” da asociación teatral O Aturuxo de Melpómene. O ciclo pecharase con esta obra, dirixida polo dramaturgo naronés Jose LUis Prieto, gañador de varios premios Max de Teatro. Ó finalizar, entregarase a cada espectador un pequeño obsequio conmemorativo do ciclo teatral, e premiarase a fidelidade do públco co sorteo de dúas entradas para un espectáculo da vindeira temporada do Pazo da Cultura. O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, agradeceu á asociación O Aturuxo de Melpómene “o traballo que está a facer na dinamización e promoción do teatro en Narón” e lembrou que para o Concello de Narón “o teatro é a primeira institución cultural desta cidade”. Pola súa banda, as representantes desta asociación agradeceron ó Padroado de Cultura o apoio constante ás súas iniciativas, sen o cal non sería posible levalas a cabo.
Descarga de archivos
Dossier informativo sobre "Os domingos de Melpómene"
Tamaño:1.002,54 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal