Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO XESTIONARÁ O SERVIZO DE COMEDORES ESCOLARES DURANTE ESTE CURSO 2010/2011
Funcionará nos colexios de A Gándara, A Solaina e Virxe do Mar. Poderá incorporarse o CPI de O Feal cando a Xunta de Galicia recepcione a obra do novo local.
Narón, 9 de Setembro de 2010.- O Concello de Narón xestionará de manera excepcional dende o 10 de setembro de 2010 ata o 22 de xuño de 2011 o servizo de comedores escolares, tal e como anunciou hoxe a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada. O goberno municipal cumpre así o compromiso adquirido coas ANPAS, de garantir que non se deixará de prestar este servizo, imprescindible para conciliar a vida laboral e familiar das familias e ofrecer un servizo educativo máis completo. O Concello de Narón, sempre procurou ser exemplar na sua colaboración con outras administracións, tal e como recalcou a edil de Ensino. Mª del Carmen Espada apuntou este caso como exemplo, xa que o papel do Concello servirá para facilitar que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia se organice cos seus dispositivos e adopte as medidas organizativas e económicas para asumir competencia exclusiva como establece o Estatuto de Autonomía e Decreto 10/2007. O Concello de Narón, por medio da Concellería de Ensino desenvolverá unha intensa actividade xunto cos departamentos técnicos municipais para reducir os procedementos de contratación, financiación e organización do servizo de comedores escolares. Finalmente, o servizo poderá prestarse dende o primeiro día do curso académico, 10 de setembro de 2010, nos centros escolares de A Gándara, A Solaina, Virxe do Mar, que son centros nos que viñan prestando o servizo no curso pasado. Ademáis tamén se poderá prestar o servizo no CPI do Feal, unha vez que a Xunta recepcione o novo local destinado a comedor que reformou nese centro. O Concello contará coa colaboración das ANPAS dos centros para que o servizo se desenvolva coa normalidade de anos anteriores. O Concello financiará este servizo cunha aportación da Xunta de Galicia, coas aportacións das familias usuarias e con recursos económicos municipais. O Concello de Narón xa ten solicitado da Consellería de Educación da Xunta que faga un esforzo consecuente coas suas obrigas e competencias, posto que o protocolo asinado neste momento somentes prevé unha aportación de 26.000 € da Xunta, dos máis de 150.000 € nos que se estima estará o custo final previsto, é dicir, menos do 20% do total do custo. As familias e o concello financiarán o resto. O Concello xa ten previsto, como anos anteriores as axudas de comedor para as familias con menores recursos económicos que nesta época de crise son necesarias para eliminar a situación de moitas familias desprotexidas. O prezo que abonarán as familias por xantar ou por almorzos será como máximo o mesmo prezo do curso pasado. O Concello se esforzará especialmente para que o prezo deste ano sexa acorde coa crise económica. (asumindo que as familias usuarias teñan que comprometerse co copago) O aboamento que corresponda realizar ás familias se efectuará a mes vencido para facilitar a xestión das economías familiares.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal