Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS ACTIVIDADES DA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA
Ofértanse clases de guitarra, baixo e batería, e as aulas de ensaio para os grupos noveis.
Narón, 16 de Setembro de 2010.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de abrir o prazo de matrícula para as actividades da Escola de Música Moderna do curso 2010/2011 (música e aulas de ensaio). As inscripcións poden realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), e a cuota é de 7,60 € por usuario ou grupo ó mes, tal e como establece a Ordenanza Municipal nº 15. Os destinatarios son mozos/as de 12 a 30 anos empadroados en Narón, no caso das clases de música. Para as aulas de ensaio deberán ser grupos de música que teñan como mínimo un membro de Narón. As aulas de ensaio poderán utilizarse en horario de 16:00 a 22:30 horas, de martes a sábados. Pola súa banda, as clases de aprendizaxe musical de guitarra terán dous horarios posibles en función do grupo: iniciación e perfeccionamento. As clases de batería terán 2 horarios posibles: os mércores de 16:30 a 18:30 e os mércores de 18:30 a 20:30 horas. E finalmente, as clases de baixo terían un único horario, os martes de 18:30 a 20:30 horas. Tódalas clases se desenvolverán na aula de ensaio da Casa da Mocidade, en A Gándara. A Escola de Música Moderna ofrece obradoiros musicais á mocidade interesada en aprender a tocar instrumentos musicais ou perfeccionar coñecementos coa axuda de profesionais. A Escola conta cunha sá de ensaio de grupos musicais naroneses que estean formalmente constituídos. As clases dividen os seus contidos en torno ó coñecemento de a guitarra, a percusión e o son, e se imparten en dous niveis (iniciación e perfeccionamento) para poder adaptarse a tódala mocidade. A Escola de Música Moderna trata de promover a música realizada polos grupos xóvenes que poidan amosar a súa expresión musical en actuacións en centros cívico sociais, prazas e outros lugares e espazos públicos. Tamén se pretende promover a formación técnico-musical dos xóvenes. Ademáis, coas clases da Escola de Música Moderna se fomenta o encontro entre os grupos musicais noveis, e se lles abre camiño no panorama musical a través de encontros denominados “Kedadas musicais”, e das clases maxistrais (duas ó ano) que se organizan co obxectivo de fixar os contidos adquiridos durante o curso.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal