Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE NARÓN E O CONCELLO FIRMAN UN CONVENIO PARA PRESTAR ATENCIÓN BÁSICA A PERSOAS CON ESCASOS RECURSOS
A colaboración entre Narón e esta ONG vense desenvolvendo dende o ano 2002.
Narón, 20 de Setembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o representante de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, Jose Manuel González Todosantos, firmaron hoxe un convenio de colaboración para desenvolver un programa de prevención da exclusión social, baseado na atención básica a persoas con escasos recursos. En virtude deste acordo, o Concello achegará 12.000 euros para que Cáritas poida continuar co seu traballo asistencial, e tal e como indicou hoxe o Alcalde de Narón, non se descarta ampliar a colaboración durante este ano se fose necesaria. “Oxalá non fixera falta firmar este convenio”, declarou Jose Manuel Blanco, facendo referencia á realidade que esta a vivir a sociedade. “Pero como cada vez a demanda de axuda social é maior, dende o Concello non descartamos ampliar o acordo que hoxe imos asinar, para continuar apoiando a entidades como Cáritas que realizan unha labor importantísima”, engadíu. Inicialmente, o Concello aportará esta subvención e tamén prestará a axuda dunha asistente social municipal, para realizar os trámites que a asociación precise. Pero a ampliación da colaboración está xa na mente do Alcalde, quen recordou que o Narón leva asinando convenios con Cáritas dende o ano 2002. Pola súa banda, o representante de Cáritas Diocesana, Jose Manuel González Todosantos, agradeceu ó goberno municipal a súa vontade de colaboración e diálogo permanente. “Levamos oito anos traballando co Concello, onde sempre atopamos axuda e colaboración, e agardamos poder seguir prestando este programa no futuro”, declarou. A Concelleira de Servizos Sociais, Mª del Carmen Espada, tamén estivo presente na firma do convenio e suliñou a gran labor que está a facer Cáritas en Narón, definíndoa coma “un traballo moi importante, especialmente agora nesta época de crisis”, asentíu. Actualmente, Cáritas Interparroquial de Narón agrupa as parroquias de San José Obrero, Santa Cecilia, Piñeiros, e Santiago Apóstol, e atende a unha cifra aproximada de 110 familias neste municipio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal