Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS/AS DOS CURSOS DO PLAN DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA DESEMPREGADOS
Un total de 47 persoas finalizaron os seminarios organizados pola Xunta de Galicia e o Concello de Narón.
Narón, 22 de Setembro de 2010.-O Concelleiro de Formación Laboral e Emprego, Jose Luis Suárez, entregou hoxe no Concello os diplomas ós alumnos/as dos cursos do Plan AFD (Accións Formativas para os Desempregados) da Xunta de Galicia, correspondentes á anualidade do 2009. En concreto, leváronse a cabo catro cursos correspondentes ás especialidades de Electronicista básico de edificios (9 alumnos), Carpinteiro (12), Caldereiro-tubeiro (13), e Electricista (13). O número total de alumnos que remataron os cursos é de 47 persoas. Tódolos seminarios se desenvolveron no Centro Municipal de formación “Irmás Froilaz”, situado no polígono de A Gándara. O orzamento total destos cursos ascendeu a 380.318 € aportados polo goberno autonómico. Ademáis de ceder as instalacións municipais, o Concello completou o programa destos cursos con dous módulos transversais de Formación para a Igualdade, e Alfabetización informática (informática básica e internet).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal