ASINADO UN CONVENIO ENTRE O CONCELLO E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA CONSTRUIR OS VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL DE O VAL
O organismo provincial financiará o 80% do importe da obra.
Narón, 1 de Outubro de 2010.- O Concello de Narón e a Deputación Provincial da Coruña asinaron onte un convenio de colaboración que permitirá financiar a construcción de vestiarios no campo de fútbol municipal de herba artificial de O Val.
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar, asinaron no Concello o convenio, acompañados pola concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida.
A raíz deste acordo, a administración provincial comprométese a subvencionar o orzamento das obras, cunha achega máxima de 59.998,79€, o que representa unha porcentaxe do 80%. O Concello de Narón aportará a cantidade restante ata chegar ó presuposto total desta obra, que ascende a 74.998€