Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A terceira Escola Infantil Municipal nacerá có 2007
As obras de construcción adxudicaranse de seito definitivo ao escomenzar agosto
O Concello de Narón abriu xa o proceso de contratación das obras de construcción da terceira escola infantil municipal de Narón, que estará ubicada na Avda. Bispo Argalla do barro da Gándara. Antes de que remate o mes de xuño poderá decidirse finalmente cal das nove empresas que cuncurren ao concurso público de adxudicación se fará finalmente cargo da construcción da nova gardería pública, cuxo orzamento de execución ascende a 789.000€ (sen contar o mobiliario interior do centro) . A excepcional e positiva situación demográfica de Narón con respeito do conxunto de Ferrolterra e da provincia coruñesa fai que na actualidade, con duas escolas infatís en funcionamento, haxa máis dun centenar de nenos menores de tres anos en espera dunha plaza nas escolas infantís municipais, polo que o rexedor naronés, Juan Gato, salientou que "agora que xa vai ser unha realidade a terceira, imos emprender as accións para face xa posible unha cuarta gardería" que podería ubicarse ou ben no polígono Industrial Río do Pozo ou nas inmediacións das novas urbanizacións en execución na zona de Freixeiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal