As actuacións musicais terá lugar os domingos no Local Social de A Picota, en O Couto, a partires das 18:00 horas. A entrada é de balde.
Narón, 7 de Outubro de 2010.- A Asociación de Veciños de O Couto iniciará o vindeiro domingo 10 de outubro a 19ª edición do Ciclo Tempo de Música quw se desenvolverá durante 6 domingos consecutivos no Local Social de A Picota (O Couto) a partes das 18:00 horas, con entrada de balde.
Nesta edición, o programa de actuacións recortouse con respecto a anos anteriores, debido á crise económica, o que motivou a reducción de 10 a 6 actuacións con respecto ó ano pasado. Aínda así, o ciclo Tempo de Música incluirá este ano diversos xéneros musicais non só corais- coma a zarzuela ou a lírica. O presidente da AVV de O Couto, Anselmo Beceiro, lembrou que este ciclo musical se iniciou no ano 1992, sendo presidenta da AVV de O Couto Ana López Braxe.
Acompañándoo estivo o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, indicando que o Concello patrocina este ciclo musical, en colaboración coa Deputación de A Coruña e a Federación Coral Galega.
O programa de Tempo de Música é o seguinte:
-Domingo 10 de outubro: Concierto de Zarzuela. Coral Sociedad Gaiteira (A Coruña)
-Domingo 17 de outubro: Grupo amigo del acordeón do Salnés, Antonio Miniño con Canción lírica Española e Dúo de Acordeones Rías Baixas.
-Domingo 24 de outubro: Coro diapasón de Ferrol, e Coro de mulleres Celeuma de Narón.
-Domingo 31 de outubro: Coral de mulleres de Vilaboa de Culleredo, e Coral Liceo de Noia de Noia.
-Domingo 7 de novembro: Coral Polifónica de Santa Icía de Ferrol e Asociación Cultural Lembranzas de Marín de Pontevedra.
-Domingo 14 de novembro: Xoven Banda de Narón de Narón e Coral Amistade da AVV de O Couto de Narón.