O PAZO DA CULTURA ACOLLE A ESTREA DA OBRA "A NONA" A CARGO DA COMPAÑÍA TEATRO DO MORCEGO
As funcións da compañía de teatro residente de Narón se representarán o venres 15 e o sábado 16.
Narón, 14 de Outubro de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa a estrea da obra A Nona a cargo de Teatro do Morcego, que é a compañía de teatro residente en Narón na actualidade, e está formada por actores formados na Escola de Teatro de Narón e tamén por recoñecidos actores do teatro galego.
A Nona está dirixida por Celso Parada, e se representará mañá no Pazo da Cultura ás 20:30 horas, e o sábado ás 20:00 horas. O edil de Cultura agradeceu a Teatro do Morcego o traballo que está a facer en Narón na difusión da cultura teatral, estrenando cada ano unha media de dous novos espectáculos.
O director da obra, Celso Parada, engadiu ó respecto que Teatro do Morcego representará no mes de novembro unha nova versión do clásico Os Vellos non deben de namorarse, que a compañía está a ensaiar na actualidade en Narón.
Respecto á obra en cuestión, Parada indicou que A Nona relata a historia dunha familia arxentina formada por sete membros, na que a avoa ten a costume de comer sen parar. É unha comedia grotesca que nos fai reir pero tamén nos obriga a reflexionar, porque ó final ninguén é capaz de manter o elevado consumo que ten a avoa, quen ademáis é a única que sobrevive ó resto das persoaxes, indicou.
Na rolda de prensa tamén participaron algúns dos actores deste espectáculo, como Miguel Pernas, quen fai da Nona avoa-. Él definíu este texto, escrito por Roberto Cossa, coma unha alegoría do capitalismo obsoleto ó que é imposible sobrevivir.
Teatro do Morcego dedicará esta obra ó actor Andrés Pazos, recentemente falecido, quen ía protagonizar o papel da Nona, e tamén a Suso Díaz, membro de Sarabela Teatro, finado onte. O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, adicoulle unhas verbas ó inicio da rolda de prensa lamentando o falecemento dun home de teatro coma él.