Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLE UNHA CHARLA SOBRE A DISLEXIA COMO MOTIVO DE FRACASO ESCOLAR
Se celebra o xoves día 21 de outubro, ás 18:30 horas, con entrada de balde.
Narón, 19 de Outubro de 2010.- A Concellería de Ensino de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, colaborará coa Asociación Galega de Dislexia (AGADIX) na organización dunha charla que se levará a cabo o vindeiro xoves 21 de outubro, no sótano da Biblioteca Municipal do Alto, ás 18:30 horas. A xornada leva por título “A dislexia como motivo de fracaso na aprendizaxe escolar” e se iniciará coa presentación da mesma a cargo de Carmela Díaz Fernández, presidenta da Asociación Galega de Dislexia (AGADIX). A continuación, ás 18:45 horas se desenvolverá a charla por parte de Mª del Pilar Vieiro Iglesias, doctora de Psicoloxía Evolutiva da Universidade da Coruña (UDC). Ó remate, ás 20:30 horas se proxectará o documental “La realidad de la dislexia” realizado pola Asociación Balear Disfam. Esta iniciativa vai dirixida a profesionais da Educación e da Psicoloxía escolar, estudantes universitarios (de ensinanzas coma Maxisterio, Psicoloxía, Pedagoxía, ou Logopedia), pais e nais de nenos/as disléxicos/as, adultos disléxicos/as e calquera persoa interesada no tema. A entrada é de balde.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es