Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADA A AMPLIACIÓN DO LOCAL SOCIAL DE A GÁNDARA
As novas instalacións contan cunha aula de audiovisuais e conferencias, sala de informática e biblioteca, e oficiñas para cinco entidades.
Narón, 22 de Outubro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, inaugurou onte a ampliación do Local Social de A Gándara, realizada co fin de aumentar os medios e as actividades das asociacións que farán uso destas instalacións. As obras foron realizadas nun prazo de 6 meses, cun orzamento total de 168.497,46 euros procedentes do Plan E. Os traballos en cuestión consistiron na construcción dunha superficie en forma de “L” (anexa ó edificio existente) dividida en pranta baixa e pranta alta. Suman 214,10 m2 útiles. Na pranta baixa atópase unha aula de audiovisuais e conferencias, un almacén e unha cociña para o ambigú, tres servicios (un deles, adaptado a minusválidos), e unha barbacoa. Todo elo nunha superficie de 141,10 m2. A pranta alta albergará as oficiñas das cinco entidades sociais e deportivas que ocuparán o edificio, e unha sala de informática e biblioteca. En total son 73 m2 de superficie. As entidades que empregarán estas instalacións son: Asociación de Veciños de A Gándara, Asociación da 3ª idade Santiago Apóstol, Asociación de radioaficionados “Bravo Delta”, Club de Fútbol Santiago Apóstol, e Asociación de Taichí.”Shibui”).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal