Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE MONÓLOGOS "QUÉ ME DIS!!"
A gañadora recibíu un ordenador portatil polo seu monólogo titulado "Son de Narón, qué pasa?".
Narón, 22 de outubro de 2010.- O concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, entregou hoxe o premio á gañadora do I Concurso de Monólogos “Que me dis!!” organizado polo Servizo de Normalización Lingüística, dependente desta Concellería. A gañadora neste caso foi Eva Castro Vigo, polo seu monólogo titulado “Son de Narón, que pasa!”. A premiada recibiu un ordenador portátil de mans de Guillermo Sánchez Fojo e da portavoz do PSOE e concelleira Catalina García, que actuou como membro do xurado deste premio. Os outros dous galardoados son: 2º premio: “Gravando!!” de Belén González Veiga (premio: cámara fotográfica dixital) 3º premio: “O tolo Bartolo” de Manuel Mª Sieiro Eiriz (premio: reprodutor MP4) Ademais, o Concello entregou tres diplomas de participación ao resto dos concursantes: Isabel Porto Cacheiro, Leandro Lamas Hermida, e Luis Maneiro Piñeiro. Os monólogos gañadores poden verse na páxina web do Concello de Narón (www.naron.es) e o Concelleiro de Cultura non descarta poñelos tamén en escena, segundo indicou hoxe. Este concurso de monólogos tivo como obxectivo promover o emprego da lingua galega nas novas tecnoloxías entre a cidadanía, e consistiu na gravación de monólogos (tanto en formato vídeo coma audio) para ser colgados na web municipal e estar así dispoñibles para o público. As únicas condicións para participar neste certame foron realizar os monólogos en lingua galega e en clave humorística. O Servizo de Normalización Lingüística, organizador da proposta, foi creado para incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos ámbitos do termo municipal de Narón. Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que demande asesoramento lingüístico, tradución e corrección de textos. Entre as súas funcións, atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística. O servizo foi creado a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña, denominado “Programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña, para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2009-2011”. Para contactar co Servizo de Normalización Lingüística, pódese facer por teléfono nos números 981 33 77 00 (extensión 1516), 607 22 37 94, por correo electrónico no enderezo a.pita@naron.es, ou ben na 5ª planta do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal