O ALCALDE SUPERVISA AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DO TELECENTRO PARA A MODERNIZACIÓN E INCLUSIÓN TECNOLÓXICA
Está ubicado na antiga Casa Consistorial de Xuvia e dispón de 20 equipos informáticos de uso público.
Narón, 27 de Outubro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, visitou hoxe as obras do Telecentro de Comunicacións da Xunta de Galicia que estase a construir no baixo do antigo edificio consistorial da Praza de Xuvia, que actualmente emprégase como sede do Xulgado de Paz.
O rexedor comprobou de primeira man o grado de execución dos traballos, que teñen un orzamento de 115.000 euros aportados pola administración autonómica, ademáis da obra civil presupostada en 10.500 euros e realizada polo Concello co fin de adecuar a aula de 100 m2 de superficie- ás novas necesidades. Entre os traballos realizados polo Concello inclúense tarefas de carpintería e electricidade, e adaptación dos accesos para minusválidos, ademáis da contratación da liña de ADSL que dará servizo de Internet ó telecentro, que permitirá realizar videoconferencias e ofrecer telesoporte ás entidades veciñais.
O Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica está dotado de 20 equipos informáticos e un máis para o dinamizador, que será o que oriente ós usuarios nas actividades a realizar- compostos por monitores TDF de 20 e as correspondentes CPU, ademáis dunha impresora laser. Tamén leva unha pantalla de plasma de 42, un DVD e un equipo de videoconferencia (con 2 micrófonos de mesa e outro de man sen fíos). A instalación deste equipamento foi realizada nos últimos días, e actualmente xa están tódolos ordenadores disponibles para introducirlles o correspondente software.
Todo este equipamento permitirá realizar distintas actividades como cursos formativos e poñencias, teleformación, roldas de prensa, videoconferencias, visionado de audiovisuais, e edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual. O Concello agarda ter operativo o Telecentro antes do Nadal.