Consiste nunha campaña de reducción de costes e formación de PEMES, da que se informará o xoves 11 de novembro no Auditorio da Praza de Galicia, con entrada libre.
Narón, 4 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presentou hoxe en rolda de prensa o Programa de Reducción de costes e Formación de PEMES, dirixida ó pequeno comercio e ós autónomos do municipio. Trátase dun programa piloto de apoio á pequena empresa, que se desenvolverá durante un ano e no que poderán participar de xeito gratuito as PEMES e autónomos que o soliciten.
Para explicar o contido e servizos incluídos neste programa, o Concello convoca unha reunión o vindeiro xoves 11 de novembro, ás 20:30 horas no Auditorio da Praza de Galicia, á que están chamados tódolos comerciantes e autónomos de Narón. Nesa xuntanza, se presentará un paquete de medidas de apoio ó comercio local que inclúe tamén unha Campaña de Nadal dirixida ó pequeno comercio de Narón. Os comerciantes recibirán tódolos detalles de ambos programas nesa xuntanza.
O Programa de Reducción de Costes e Formación de PEMES consta de tres fases diferenciadas:
-Na primeira, impartiranse unha serie de charlas apoiadas por material de consulta- nas que se abordarán cuestións económicas e xurídicas relacionadas coas pequenas empresas, coma a financiación bancaria, a reducción de costes empresariais, o control da morosidade ou a reestructuración do negocio.
-Na segunda fase, os empresarios que o desexen poden participar nun análise particular do seu negocio, identificando puntos clave e establecendo solucións e melloras naqueles que o requiran.
-Na terceira fase, procederase á implantación das medidas establecidas en cada empresa en particular.
Con este proxecto o Concello pretende aportar ó pequeno empresariado de Narón propostas e solucións prácticas a diversos retos e problemas ós que hoxe en día enfróntanse as pequenas empresas, declarou o Alcalde, Jose Manuel Blanco.
O proxecto terá unha duración de 1 ano, tal e como explicou a Concelleira de Participación Cidadá, Natalia Hermida. Durante esos 12 meses, o Concello facilitará gratuitamente ás PEMES este soporte, de carácter pioneiro e innovador na comarca de Ferrolterra.
A edila engadíu ó respecto que os autónomos e comerciantes que participen neste programa coñecerán medidas para rentabilizar ó máximo os seus negocios e minimizar os riscos económicos das súas empresas, especialmente importante na situación económica actual, sinalou Natalia Hermida.
Con este programa, o Concello de Narón estima chegar a 1.500 pequenas empresas e autónomos do municipio. Este proxecto piloto será dirixido por Manuel Rey e Patricia Villar, profesionais nestas materias.