Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DO PROXECTO DE SANEAMENTO RURAL DA PARROQUIA DE SEDES
O Concello agarda dar servizo a 475 vivendas desta zona. Os traballos estan presupostados en mais de 5 millons de euros.
Narón, 6 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, ven de remitir unha carta ó Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, na que solicita do departamento autonómico colaboración económica para poder executar as obras de saneamento na parroquia de Sedes. Na actualidade este proxecto está xa redactado, e hoxe foi presentado publicamente ós veciños desta parroquia, no Local Social Municipal de Sedes, ó que acudiron máis de 100 persoas. O Alcalde de Narón e o xerente da empresa mixta de augas COSMA, Jose Manuel Marcote, explicaron os pormenores da obra e despexaron algunhas dúbidas sobre este proxecto, que ten un orzamento de 5.052.044,80 euros e para o cal estase a buscar financiación. O documento establece unhas obras de 24.670 metros de lonxitude de colectores, nas que se inclúen dous bombeos e unha estación depuradora de augas residuais de biodiscos. O Concello agarda dar servizo aproximadamente a 475 vivendas da parroquia de Sedes coas obras de saneamento rural. O proxecto discurre por tres estradas, unha delas de titularidade autonómica e outra provincial. Por este motivo, o Alcalde de Narón insta ó goberno autonómico a colaborar na financiación dos traballos, tal e como vai a realizar na parroquia de San Mateo, onde tense comprometido 1 millón de euros para unha actuación similar. Tamén se buscará o apoio da Deputación Provincial de A Coruña. Ata o de agora, o Concello de Narón leva realizadas obras de saneamento rural nas parroquias de San Mateo, O Val, Castro, Pedroso e San Xiao. A inversión municipal nestos traballos ronda os 9 millóns de euros, tal e como lembrou o Alcalde, Jose Manuel Blanco.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal