Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MAIS DE 7.000 PERSOAS ASISTEN Á XVI MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN
Se celebra no Auditorio ata o 19 de novembro, coa participación de 33 colexios e institutos de Narón e comarca.
Narón, 12 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentaron hoxe en rolda de prensa a 16ª edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil que se desenvolve do 2 ó 19 de novembro no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. En total, está prevista a asistencia de 7.005 persoas (6.661 alumn@s e 444 mestres) de colexios e institutos de Narón e outros municipios (Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Neda, e Pontedeume). Para o transporte do alumnado e profesores que asisten ós diversos espectáculos, estanse a mobilizar un total de 150 autobuses. En conxunto, representaranse 33 funcións, das seguintes compañías: -Teatro do Morcego “Os vellos non deben namorarse” (7 funcións) -Sarabela Teatro “Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas” (4 funcións) -Trompicallo “Violeta contra as salchichas, gulp!” (6 funcións) -Artello “De fábula” (4 funcións) -Ghazafelhos “Frankenstain” (4 funcións) Todas estas compañías son de orixe galego. Ademáis, inclúese nesta Mostra de Teatro outra compañía do Pais Vasco: -Teatro Paraiso “En el jardin” (8 funcións). A relación de centros de Narón participantes é a seguinte: Ayala, A Gándara, CRA, IES As Telleiras, IES Terra de Trasancos, Jorge Juan, O Feal, Piñeiros, Ponte de Xuvia, Santiago Apóstol, A Solaina, Virxe do Mar, e as Escolas Infantís Municipais de Piñeiros, A Gándara e A Solaina. En conxunto son 4.420 alumnos/as e 295 profesores de Narón. No caso das garderías, as representacións realízanse directamente nos centros, para que os nenos e nenas non teñan que desprazarse. Total de Narón: 4.175 persoas (4.420 alumnos e 295 profesores) Ademáis, participan os seguintes centros escolares da comarca: Ares (Conde de Fenosa- 234 persoas entre alumnado e profesores) Cedeira (IES Punta Candieira, e Nicolás del Rio- 256 persoas) Fene (Centieiras e A Xunqueira- 276 persoas) Ferrol (Ferrolterra, IES Canido, IES Leixa, Isaac Peral, Lasalle, Mercedarias, e Rodolfo Ucha- 574 persoas) Mugardos (Franza, Unión Mugardesa, e IES Mugardos- 271 persoas) Neda (Maciñeira, San Isidro, e Fernando Esquío- 303 persoas) Pontedeume (Breamo, e IES Fragas do Eume- 476 persoas) Total de participantes da comarca: 2.390 (2.241 alumnos e 149 profesores) As representacións teatrais se realizan de luns a venres e con duas funcións por día (ás 10:00 e 12:00 horas). Ademáis, os días 15 e 16 de novembro, a Mostra de Teatro ábrese tamén ás asociacións da 3ª idade das zonas rural e urbana, que acudirán ó Auditorio da Praza de Galicia para disfrutar da obra “Os vellos non deben de namorarse” en horario de tarde (ás 17:00 horas). O importe total desta actividade é de 72.036 euros. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, destacou a importancia desta iniciativa cultural e abogou por recuperar os seus orixes, cando a Mostra de Teatro realizábase de xeito mancomunado. “Queremos que sexan os concellos os que se involucren cos centros, e voltar a realizar esta mostra entre os municipios da comarca, como se fixo os primeiros 13 anos”. Pola súa banda, o Concelleiro de Cultura lembrou que “non hai ningún concello de Galicia, e penso que tampouco de España, no que se esté a promover esta actividade en horario escolar”, salientou Guillermo Sánchez Fojo, concluíndo que Narón leva en total 29 anos (os 13 primeiros de xeito mancomunado, e os 16 últimos a través do Concello) ofrecendo cultura a través do teatro ó alumnado do municipio.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es