Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA NOVA PROGRAMACIÓN DE ACTOS DO PARQUE TEMÁTICO ALDEA NOVA
O novo edificio de divulgación e formación estará construído na primavera do 2011.
Narón, 18 de novembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, presentaron o pasado venres 12 de novembro a nova programación de actividades deseñada para o Parque Temático de Desenvolvemento Rural "Aldea Nova" (Sedes). Neste espazo estase a construir dende o mes de outubro un novo edificio que estará destinado a ubicar os laboratorios, a aula audiovisual e de idiomas, o planetario, e as aulas de usos múltiples. Ademáis, porase en funcionamento un ambicioso programa de formación para o desenvolvemento rural dirixido a empresas, profesionais e persoas que viven na zona rural da comarca e outros interesados. Entre outros programas, haberá cursos básicos sobre mantemento e conservación de maquinaria de xardinería, de sistemas de aforro enerxético para bombear auga de pozos, asesoramento para a tramitación de axudas públicas para o medio rural, mantemento de xardíns, implantación de frutais, apicultura e gandería ecolóxica, cría e reprodución de abellas, construción de instalacións auxiliares en zona rural, alimentación natural, e instalacións de enerxías renovables. No mesmo acto celebrado o pasado venres 12 de novembro tamén fíxose entrega dos diplomes correspondentes a tres cursos realizados este ano, sobre xardinería ecolóxica, fruticultura ecolóxica, e apicultura.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es