Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICION DE EXTRANXEIROS RESIDENTES EN NARON NO CENSO ELECTORAL MUNICIPAL
Os interesados que cumplan os requisitos poderán inscribirse no Concello, cubrindo unha solicitude que se entrega no Rexistro Xeral.
Narón, 1 de Decembro de 2010.- O Concello de Narón abriu hoxe día 1 de decembro o prazo de solicitude para a inscrición no Censo Electoral Municipal por parte de estranxeiros extracomunitarios (de países que non pertencen á UE) residentes en España, de cara á súa participación nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011. O prazo de inscrición finalizará o dia 15 de xaneiro de 2011. Os interesados deberán dirixirse ó Concello de Narón en horario de 9 a 13 horas, e cubrir a correspondente solicitude que se lles entregará no Rexistro Xeral Municipal. Ademáis, deberán cumprir os seguintes requisitos para a súa inscrición no Censo Electoral: ser maior de 18 anos e non estar privado do dereito de sufraxio activo, estar inscrito no padrón municipal de habitantes, estar en posesión da autorización de residencia en España, e residir legalmente en España o tempo esixido no correspondente acordo –cinco anos no momento da solicitude, ou tres anos no día da votación para os nacionais de Noruega-. Nas eleccións municipais de maio de 2011 poderán votar os cidadáns, maiores de idade no día da votación, que sexan nacionais da Unión Europea e doutros países con acordos que lles recoñeza ese dereito e sexan residentes en España, en virtude da normativa legal que rixe estas actuacións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal