Repartiranse 5.000 en premios e 10 cestas de Nadal nos establecementos asociados a esta iniciativa, promovida polo Concello de Narón.
Narón, 1 de Decembro de 2010.- O Concello de Narón a través da empresa Eventi- inicia hoxe a Campaña de Nadal destinada a fomentar as ventas do comercio local durante estas datas. Ata o momento, téñense adherido un total de 72 establecementos comerciais á campaña, que leva por título Comprando en Narón, ti gañas e que tamén busca a promoción da imaxe do comercio local, e o seu respaldo por parte do Concello.
Os comercios participantes dispoñen xa do material publicitario e das bolsas de tela (tense repartido 6.000 unidades) coas que obsequiarán ós seus compradores, ademáis das urnas para depositar as papeletas. Éstas se repartirán dende hoxe entre os clientes, e permitirán participar no sorteo de dous premios de 1.000 e outros dous de 500. Os sorteos terán lugar o dia 29 de decembro, e os vales se reinvertirán en compras nos establecementos adheridos á campaña.
Tamén se sortearán 10 cestas de Nadal valoradas en 100 c/u - que se adxudicarán cada martes e venres, a partires do dia 3 de decembro. A organización elixirá ó azar o establecemento no que se sorteará a cesta, repartindo entre os clientes que se atopen nese momento uns calendarios, sobre os que se realizará un sorteo aleatorio relacionado co número do cupón da ONCE.
A campaña Comprando en Narón, ti gañas tamén se dirixe ós propios comerciantes, que se convertirán en protagonistas do seu propio concurso. A empresa organizadora ten convocado un concurso de ambientación navideña dirixido a eles. Poden participar decorando os seus escaparates, o interior dos comercios e ata empregando musica ambiental e unha vestimenta propia desta época. Unha vez teñan a decoración rematada, deberán enviar un máximo de 3 fotografías ó correo do concurso (concurso@comerciodenaron.es) antes do dia 9 de decembro.
As imaxes se publicarán na paxina web de Eventi en Facebook, onde se votaran as mellores ideas. Os tres gañadores recibirán vales de compra de 300, 200 e 100 respectivamente.
Os comerciantes que queiran sumarse á campaña de Nadal, de carácter gratuito, aínda poden facelo a través da páxina www.comerciodenaron.es ou ben a través da web do concello www.naron.es
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, animou ós comerciantes que aínda non se sumaron a esta campaña a facelo, para conseguir entre todos unha promoción aínda maior do comercio local. O rexedor lembrou que esta campaña é de carácter gratuito para os establecementos comerciais e que suporá unha boa promoción dos comercios, o cal cobra unha maior importancia no contexto de crise económica actual.
O Concello destinará un total de 24.000 euros (dos que 5.000 son premios) a esta iniciativa de apoio ó comercio local de Narón. Paralelamente, estase a levar a cabo un Programa de Reducion de custos e formacion de PEMES dirixido a este colectivo, que conta cun orzamento doutros 21.000. Dentro deste programa, fixéronse dúas reunións para informar sobre o contido da mesma, e perto de 20 empresas manifestaron o seu interese en participar no mesmo.