Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA 10ª EDICIÓN DA NOITE DA LUZ DE SEDES
Terá lugar a tarde-noite do sábado 10 de decembro, en diferentes puntos da parroquia de Sedes.
Narón, 2 de Decembro de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e dous representantes do Grupo de Traballo de Sedes, Paco Ramil e Mª Jesús Yañez, presentaron hoxe en rolda de prensa a celebración da 10ª edición da Noite da Luz que se desenvolverá na parroquia de Sedes o vindeiro sábado 11 de decembro. Esta celebración realízase dende fai dez anos, coincidindo coa onomástica de Santa Lucía (13 de decembro). A Noite da Luz consiste na recreación de carácter simbólico que pretende chamar a atención sobre a importancia da protección, valorización e conservación do noso patrimonio cultural. O acto en sí consiste na organización dunha comitiva de persoas que parte da capela de Santa Lucía (na Feira do Trece, Sedes) e vai a pé ata o Monte Esperón. Alí se procede ó encendido de 12 fachos de 2,5 metros de altura dispostos de xeito circular e compretados por outro facho de 5 metros que se coloca no centro do círculo. Estas 13 antorchas simbolizan as trece parroquias do concello e o seu compromiso coa defensa do patrimonio. O programa de actos é o seguinte: 18:00 Concentración na Feira do Trece. 18:30 Saínda da comitiva da luz cara ó Monte Esperón. 19:00 Acendido dos fachos xigantes do Monte Esperón e caldo comunitario en Aldea Nova. 20:30 Retorno ó Centro Cívico Social e velada teatral coa representación da obra “O testamento do Tío Nacho” a cargo do Grupo de Teatro de Sedes “Mistura”.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es