Ofértanse o programa Ecoescola en Aldea Nova, unha Ludoteca Comunitaria e o programa de ocio deportivo Depornadal 2010.
Narón, 17 de Decembro de 2010.- O Concello de Narón ten elaborada unha completa programación de ocio educativo e deportivo dirixida ós nenos e nenas de Narón, para este Nadal. A oferta compleméntase cos festivais infantís que tamén haberá na Praza de Galicia tódalas tardes (entre o 27 de decembro e o 5 de xaneiro, de 16:30 a 20:30 horas.
As Concelleiras de Igualdade e Infancia, Mª del Carmen Espada, e Deportes e Participación Cidadá, Natalia Hermida, presentaron hoxe en rolda de prensa estas actividades que comenzarán a vindeira semana.
Por un lado presentouse unha nova edición do programa Ecoescola, que se desenvolverá do 27 ó 30 de decembro no parque temático Aldea Nova (Sedes). Este programa está pensado para familias que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos neste periodo de vacacións escolares, sinalou Mª del Carmen Espada, responsable do mesmo.
Os destinatarios son nen@s de 3 a 12 anos de idade, e as solicitudes poderán presentarse no Concello de Narón ata mañá dia 18 de decembro. O prezo do programa é de 15 e inclúe xantar e desprazamento ata Aldea Nova. O Concello oferta un total de 60 prazas (estando reservadas 10 delas para nen@s do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún).
A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura tal e como indicou a Concelleira de Infancia e Igualdade, Mª del Carmen Espada.
De xeito complementario, o Concello realizará un programa denominado Ludoteca Comunitaria e dirixido a nen@s de 4 a 8 anos de idade. Se desenvolverá nos distintos barrios e parroquias de Narón, e para asistir ó memos non é necesaria a inscrición previa, tal e como informou a Concelleira de Participación Cidadá, Natalia Hermida.
A Ludoteca Comunitaria estará atendida por catro educadoras sociais que se turnarán para cubrir as 40 horas totais de duración deste programa. Se desenvolverá do 22 de decembro ó 8 de xaneiro, nas prazas e locais sociais e nos seguintes edificios municipais: Casa da Mocidade, Ludoteca Municipal, e Biblioteca Municipal. Trátase dun programa gratuito, co seguinte cronograma:
DECEMBRO
Mércores 22
16:30-18:30
Local Social S.Xiao
Detectives da natureza e obradoiro de creatividade
Xoves 23
11:00-13:00
Praza da Gándara*- Xogos Populares
16.30-18:30
Praza da constitución* -Xogos Populares
Venres 24
11:00-13:00
Local Social Sedes -Obradoiro musical: O son da música
Local Social Os Cruceiros de Castro-Detectives da natureza e obradoiro de creatividade
Luns 27
11:00-13:00
Local Social Trasancos
16:30-18:30
Local Social Domirón
Obradoiro musical: O son da música
Martes 28
11:00-13:00
Local Social S.Xiao-Xogos Populares
16:30-18:30
Local Virxe de Fátima Piñeiros-Animación á lectura e creación de títeres
Mércores 29
11:00-13:00
Local Social Sedes- Xogos Populares
17:00-19:00
Biblioteca Infantil (Casa da Mocidade)- Animación á lectura e creación de títeres
Xoves 30
11:00-13:00
Local Social Altea-Obradoiro musical: O son da música
11:00-13:00
Local Social O Val- Animación á lectura e creación de títeres
Venres 31
11:00-13:00
Praza de Galicia*- Xogos Populares
XANEIRO
Luns 3
11:00-13:00
Local Social A Gándara-Obradoiro musical: O son da música
18:00-20:00
Biblioteca Municipal-Animación á lectura e creación de títeres
Martes 4
17:00-19:00
Local Social O Val- Xogos Populares
Venres 7
11:00-13:00
Local Virxe de Fátima Piñeiros-Xogos Populares
16:30-18:30
Ludoteca Municipal-Animación á lectura e creación de títeres
Sábado 8
16:30-18:30
Local Social A Pombiña de Pedroso- Detectives da natureza e obradoiro de creatividade
* No caso de mal tempo se farán as actividades no local social da zona correspondente
Tanto a Ecoescola coma a Ludoteca Comunitaria se complementan tamén con Depornadal 2010. Como Concelleira de Deportes, Natalia Hermida avanzou que ata o de agora xa téñense rexistradas 58 inscricións para participar nesta primeira edición do programa de ocio deportivo, que se desenvolverá do 27 ó 30 de decembro no Pavillón Polideportivo da Gándara e na Casa da Mocidade. A matrícula pode realizarse nas oficinas do pavillón (en horario de mañá) e na conserxería (pola tarde) ata o dia 20 de decembro.
As actividades que se ofertan en Depornadal 2010 son as seguintes: futbol sala, baloncesto, natación, balonmán, patinaxe, tiro con arco, voleibol, e tenis de mesa. As actividades se levarán a cabo no Pavillón Polideportivo de A Gándara, agás o tiro con arco e a patinaxe que serán no Pavillón da Mocidade.
Este programa de ocio deportivo ofrece disciplinas deportivas relativamente sinxelas para os nenos e nenas, e ó mesmo tempo sirve para que teñan un primeiro contacto con estas actividades e cos clubes que as realizan en Narón, sinalou a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida.