Xa se coñecen os nomes dos gañadores dos cheques de 1.000€ e 500€ e os premiados no I Concurso de Ambientación Navideña.
Narón, 29 de Decembro de 2010.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, participou hoxe no sorteo dos cheques da campaña de apoio ó comercio de Narón “Comprando en Narón, ti ganas” que se está a celebrar nos establecementos comerciais asociados durante este Nadal, e que inclúe o sorteo de dous vales de compra por valor de 1.000 € e outros dous por 500 €.
O rexedor naronés foi o encargado de extraer as papeletas gañadoras de entre as máis de 15.000 que foron recollidas nos 86 establecementos asociados á campaña. A relación de premiados é a seguinte:
Premios vales de 1.000€
- Maite Lopez Blanco (Narón).
- María Cristina Herva Blanco (Narón).
Premios vales de 500€
- María Piñeiro Rivas (Ferrol).
- Manuel Sanesteban Vez (A Coruña).
Reservas vales de 1.000€
- Marian Rioboo García (Neda).
- María Teresa Fernández Rodríguez (Narón).
Reservas vales de 500€
- María José Maceiras (Narón).
- Isabel Rodríguez (Narón).
Hoxe tamén foron anunciados os gañadores do I Concurso de Ambientación Navideña, no que se trataba de premiar a decoración dos establecementos participantes. A votación realizouse a través da páxina de Eventi (empresa organizadora da campaña) en Facebook, onde os comerciantes enviaron as súas fotos para sometelas á votación pública.
Nesta convocatoria participaron un total de 9 comercios de Narón, resultando premiados os seguintes:
Premios comercios ambientación navideña
- Primeiro premio (300€): Herbodietética Eva, A Gándara. (719 votos).
- Segundo premio (200€): Textil Franja, A Gándara (630 votos).
- Terceiro premio (100€): A Tenda de Sara, O Alto (239 votos).
A entrega oficial de premios terá lugar o luns, día 3 de xaneiro de 2010, ás 12:00 horas na Sala de Prensa do Concello de Narón.