Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INICIO DA PRANTACIÓN DE CAMELIAS NO PARQUE FLUVIAL DO RIO FREIXEIRO
O Concello e a Asociación Galega da Camelia acondicionarán un Parque da Camelia, con máis de 200 especies diferentes deste arbusto.
Narón, 17 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o presidente da Asociación Galega da Camelia, Tomás Casal, asistiron hoxe á prantación dos 70 primeiros exemplares de camelias no Parque Fluvial do Río Freixeiro. En total está prevista a prantación de 200 exemplares diferentes de camelias neste lugar, para crear nun futuro o Parque da Camelia. Unha vez que estean plantadas tódalas variedades, o Concello e a Asociación Galega da Camelia procederán á súa identificación mediante a colocación dunha placa ou distintivo xunto a cada árbore, na que figurará a súa tipoloxía. A donación destas árbores fíxose entre o Concello de Narón e a Asociación Galega da Camelia, aportando un centenar cada un deles. Agora a empresa encargada da xardinería do Concello, realizará a prantación das mesmas. O Concello de Narón intensificará a vixianza policial neste paseo durante as noites, co fin de evitar posibles actos vandálicos ou a sustración das novas árbores.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal