O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A LEI DO COMERCIO INTERIOR DE GALICIA
Terá lugar na Biblioteca Municipal, o xoves 17 de febreiro, con entrada libre.
Narón, 16 de Febreiro de 2011.- O Concello de Narón ven de convocar dúas charlas informativas sobre a lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, coñecida como Lei do Comercio Interior de Galicia, aprobada recentemente pola Xunta de Galicia e publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 29 de decembro de 2010.
Para coñecer polo miúdo tódolos aspectos xurídicos e técnicos da nova normativa, o Concello de Narón convocou estas sesións informativas abertas a tódolos cidadáns. A primeira delas tivo lugar o día 10 de febreiro e a segunda se celebrará o día 17 de febreiro, en horario de 20:15 a 22:15 horas nos baixos da Biblioteca Municipal (O Alto) e os encargados de impartilas serán Manuel Rey e Patricia Vilar.
Estos dous profesionais están a levar a cabo en Narón o Programa de Redución de Custos e Formación de PEMES, promovido polo Concello de Narón como complemento ás accións de apoio ó comercio local. Trátase dun asesoramento a empresas e comercios locais, que se está a levar a cabo en dous fases. A primeira delas consistíu nunha charla xeral para tódolos asistentes, mentras que nunha segunda actuación ofrecéuselles polo miúdo a información e asesoramento personalizado, orientado hacia o seu negocio en particular.
O prazo para participar neste programa de asesoramento continúa aberto, e os interesados no mesmo poden recabar máis información na páxina web do Concello de Narón (www.naron.es), ou ben formalizar a súa inscripción cubrindo e presentando unha instancia no Rexistro Xeral do Concello.
Os inscritos na primeira fase do Programa de Redución de Custos e Formación de PEMES recibiron xa información sobre aspectos económico-xurídicos relacionados coa actividade do pequeno comercio e a pequena e mediana empresa, en concreto os seguintes temas:
-Formas societarias e fiscalidade.
-Finanzas e sector bancario.
-Compras e relacións cos proveedores.
-Recursos Humanos, facendo especial referencia ás últimas modificacións introducidas no mercado laboral pola Lei 35/2010, de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo.
-Axudas e subvencións.
-Marketing.
-Salvamento e reestructuración.
Na segunda fase do proxecto en vigor actualmente- abórdanse algunha destas cuestións en particular, entrando a fondo na materia elexida polos comerciantes e empresarios e reflexada nas súas solicitudes. Trátase dun asesoramento particular, que se realiza de xeito personalizado con cada un dos participantes.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a importancia deste programa no momento económico que estase a vivir na actualidade, que pode aportar elementos e ferramentas de traballo útiles para os destinatarios, neste caso os comerciantes e empresarios de Narón. Agardo que este programa estea a ser productivo para eles, sinalou o rexedor, lembrando que os interesados no mesmo e que aínda non estean a participar, poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello.
O primeiro edil tamén valorou de xeito positivo a recente Campaña de Apoio ó Comercio Local celebrada durante o Nadal, do 1 de decembro ó 6 de xaneiro, baixo o título Comprando en Narón, tí ganas. Nesta iniciativa participaron un total de 86 comerciantes do municipio, que repartiron entre os compradores aproximadamente 22.000 papeletas, para participar no sorteo de 5.100 en premios (dous cheques de 1.000 e outros dous de 500, dez cestas de nadal valoradas en 150 cada unha, e tres premios de 300 - 200 - e 100 á mellor ambientación navideña dos comercios).
Ademáis da elevada participación de establecementos comerciais e de volume de negocio, o Alcalde de Narón destacou a procedencia dos compradores que fixeron compras nos establecementos locais. Segundo explicou o Alcalde, o 69,02% dos compradores foron veciños de Narón, o 9,84% procedían de Ferrol, e o 14,74% da comarca.
José Manuel Blanco fixo unha valoración moi positiva da campaña, xa que cumplíu con un dos obxetivos primordiais da mesma que era atraer o consumo de Ferrolterra cara ó pequeno comercio de Narón. Ademáis, esta iniciativa servíu tamén para promocionar o comercio local, e o correspondente beneficio para o mesmo. Dende o goberno municipal seguiremos apoiando tódalas accións que sexan necesarias, e que estean na nosa man, para contribuir ó desenrolo do pequeno comercio naronés, concluíu o Alcalde.