NARÓN SOLICITARÁ 5 MILLÓNS DE EUROS DOS FONDOS FEDER PARA PROXECTOS DE ATENCIÓN A MAIORES, MELLORA MEDIOAMBIENTAL E TURISMO
Incluiranse o saneamento e a casa comunitaria para a 3ª Idade de Sedes, a construcción de novos parques nos barrios máis poboados, e a rehabilitación do Muiño de Xuvia e da Casa Rectoral de Pedroso.
Narón, 29 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, encargou esta mesma semana ós servizos técnicos municipais, a redacción de diversas memorias de obra susceptibles de ser financiadas con cargo ós Fondos FEDER da Unión Europea. O rexedor tomou a iniciativa adiantándose á próxima publicación no BOE dunha nova convocatoria destas axudas, procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dirixidas á realización de importantes obras. O Concello de Narón presentará a esta convocatoria un total de cinco proxectos, que suporán un investimento cercano ós 5 millóns de euros.
As obras para as que o Concello de Narón solicitará financiación inciden na atención ás persoas maiores, a mellora medioambiental (coa ampliación de zonas verdes urbanas, a creación de parques e xardíns e a dotación de saneamento rural) e o acondicionamento de novos espazos turísticos e educativos.
Á hora de seleccionar os proxectos que Narón presentará a esta 2ª convocatoria do FEDER a primeira está en marcha na actualidade, cun investimento cercano a 4 millóns de euros repartidos en 15 actuacións- o Concello tivo en conta as propostas vecinais, incluíndo ademáis obras que forman parte de proxectos xa redactados nos últimos anos, e proxectos de mellora do entorno urbano anunciados polo Alcalde nos últimos meses.
Así, a relación de obras que o Concello de Narón prevé incluir na convocatoria do FEDER son as seguintes:
-Construcción dunha casa comunitaria rural para a Terceira Idade en Sedes. Coste estimado: 1 millón de euros. Trátase dun novidoso proxecto de residencia para maiores nun entorno rural.
-Saneamento de Sedes. Coste estimado: 2 millóns de euros. Sedes é unha das últimas parroquias do rural que accederá ao servizo, e a súa execución permitirá que a rede de saneamento de Narón estea completa antes de que entre en funcionamento a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).
-Acondicionamento de parques e xardíns nos barrios de A Solaina, Virxe do Mar (9.000 m2) e A Gándara (30.000 m2). Coste estimado: 500.000 .
-Rehabilitación do Muiño de Xuvia. Coste estimado: 1 millón de euros. O Concello realizou durante o pasado ano as primeiras obras de consolidación da súa estructura, logo dun largo proceso que desembocou na adquisición da propiedade. Agora a intención do goberno municipal é recuperar este muiño de mareas, para crear un museo etnográfico no seu interior, que serviría como centro de interese turísticos e espazo educativo e de lecer.
-Rehabilitación da Casa Rectoral de Pedroso, para convertila no local social municipal desta parroquia. Coste estimado: 300.000 euros. O Concello adquiríu esta propiedade no ano 2010 e agora proxecta restaurala para uso dos veciños. Esta actuación completaríase co acondicionamento do seu entorno, e a posta en funcionamento dun parque biosaludable.
O Alcalde de Narón destacou a importancia destos proxectos, sinalando ó respecto que resulta imprescindible que o Estado e a Unión Europea apoien as inversións nos concellos, especialmente en época de crisis. José Manuel Blanco incidíu ademáis nos proxectos que xa foron executados durante o pasado ano na actual convocatoria de fondos FEDER, coma a construcción dunha ponte sobre a liña de FEVE, conectando os barrios de Santa Icía e Freixeiro. Con todos estos proxectos, o Concello pretende mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, dotando a Narón de novos servizos e infraestructuras; sinalou o primeiro Edil.
O Concello mantén actualmente outros proxectos desta convocatoria en execución, coma a reforma da ponte sobre o Rio Freixeiro, a instalación de paneles fotovoltaicos para obter enerxía solar en edificios públicos; ou a construcción dunha Escola Infantil en Xuvia.
Relación de obras cofinanciadas polos fondos FEDER na convocatoria de 2007-2011:
1.- Edificio do Concello: Instalación fotovoltaica e solar térmica (343.484 )
2.- Centro de Formación de A Gándara: Instalación fotovoltaica e solar térmica (211.636 )
3.- Edificio da Policía Local e Servizos (Estrada de Cedeira): Instalación solar térmica (110.822 )
4.- Edificio de aulas do Pazo da Cultura: Instalación solar térmica (178.016 )
5.- Instalación e infraestructura de rede internet inalámbrica en zonas rurais (55.385 )
6.- Reforma da ponte do Rio Freixeiro na Estrada Miguel de Cervantes (400.298 )
7.- Rehabilitación forestal da ribeira de Xuvia na ría (263.894 )
8.- Rehabilitación e acondicionamento do Parque Forestal Municipal de O Couto (178.108 )
9.- Supresión de pasos a nivel de ferrocarril (FEVE) na rúa transversal á Rua da Torre (382.794 )
10.- Supresión de pasos a nivel de ferrocarril (FEVE) sen barreiras na rúa Virxe de Covadonga (524.427 )
11.- Escola Infantil en Xuvia (582.798 )
12.- Pavillón Polideportivo Cuberto en A Solaina (747.630 )
13.- Edificio de Aula Rural no Parque Temático Rural Aldea Nova (646.414 )
14.- Climatizacion do edificio de aulas do Pazo da Cultura (272.381 )
15.- Climatización-aire acondicionado do Pazo da Cultura (593.236 )