Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO TRAMITA AS SOLICITUDES PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA "XANTAR NA CASA"
Está dirixido a persoas que viven solas e con escasa autonomía persoal, ás que se lles entrega o almorzo diario a domicilio.
Narón, 12 de Febreiro de 2011.- A Concellería de Servizos Sociais, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, mantén aberto o prazo de solicitude para participar no programa “Xantar na casa”. Trátase dun servizo ofrecido polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Concello mediante un convenio de colaboración entre ambas entidades. A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado xoves (10/02/2011) aprobou a renovación deste convenio, mediante o cal o Concello financia o 26,6% do coste do menú, o usuario a mesma cantidade (26,6%) e a Xunta de Galicia o resto (46,6%). Deste xeito, o usuario paga 1,87€ ó día por un menú equilibrado que se lle entrega no seu domicilio. Os interesados en inscribirse neste programa deberán cumprir un requisito: estar empadroados no termo municipal de Narón. Terán que achegarse ó Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) no que se lles ofrecerá información sobre este programa, e se valorará se poden participar no mesmo. “Xantar na casa” é un servizo que nace coa idea de “achegar ás persoas que teñen escasa autonomía persoal e viven solas, unha alimentación equilibrada e saudable. E ó mesmo tempo, se lles libra de ter que empregar a cociña, o cal pode supor un risco en determinadas circunstancias”; sinalou a edil de Servizos Sociais, Mª del Carmen Espada. O coste mensual deste servizo para os usuarios é o seguinte: 52,36€ se o reparto ó mes é de catro semanas 65,45€ se o reparto ó mes é de cinco semanas

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es