Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O FESTIVAL DE COMPARSAS CELÉBRASE O SÁBADO DIA 5 NA PRAZA DE GALICIA
Un total de 11 comparsas realizarán o pasacalles dende a Praza da Constitución, a partires das 17:30 horas.
Narón, 4 de Marzo de 2011.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de Entroido de Narón 2011. Se celebrará o sábado 5 de marzo, na Praza de Galicia, como é costume, e contará coa participación de 11 comparsas (8 de Narón e 3 de concellos veciños). A Concentración de Comparsas terá lugar ás 17:00 horas na Praza da Constitución (A Solaina) dende onde partirán, ás 17:30 horas, hacia a Praza de Galicia, desfilando en pasacalles. Unha vez que cheguen alí, iniciarase o Festival de Comparsas entorno ás 18:30 horas. Ó finalizar, ás 21:00 horas, terá lugar unha verbena a cargo da Orquestra Xente Nova, con premios ó mellor disfraz individual, parella e grupo infantil e adulto. A relación de premios é a seguinte: • Comparsas: o 1º Premio: Figura Conmemorativa o 2º Premio: Figura Conmemorativa o 3º Premio: Figura Conmemorativa • Premios Concurso Disfraces Infantil: o Premio mellor disfraz individual: Vale por 100 €. Canxeable na xoguetería Galicia. o Premio Mellor disfraz Parellas: Vale por 150 €. á parella Canxeable na xoguetería Galicia. o Premio mellor disfraz Grupos: Vale por 250 ó grupo (máximo 5) Canxeable na xoguetería Galicia. • Premios Concurso de Disfraces Adulto: o Premio mellor disfraz individual: Cesta de Productos de Entroido. o Premio Mellor disfraz Parellas: 2 Cestas de Productos de Entroido. o Premio mellor disfraz Grupos:Cestas productos Entroido (máximo 5 ) O Padroado de Cultura, organizador do Entroido, cubríu totalmente o número de comparsas que poden participar, establecido en 11. As letras a interpretar polas comparsas falarán, obrigatoriamente, de temas locais do municipio e empregarán o idioma galego. Cada comparsa estará formada por un mínimo de 15 membros que deberán ser, na súa maioría, persoas de máis de 14 anos. Cada comparsa ten un tempo máximo de 10 minutos para actuar nos que, con bo humor, fará crítica de todo o acontecido no ano 2010. Para otorgar os premios, o Xurado terá en conta a orixinalidade dos disfraces, o inxenio da crítica feita na actuación, a calidade musical, e o que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia. O Xurado do Festival de Comparsas estará composto por: Guillermo Sánchez Fojo (presidente), Luciano Fernández (secretario), Mario Isasi (concelleiro do PSOE, membro do Padroado de Cultura), Avelino Rouco (en representación das asociacións culturais do municipio), Flor Maceiras (directora da Escola de Teatro de Narón) e Román Romero (director da Banda de Gaitas do Padroado). As comparsas de fora de Narón recibirán unha axuda económica de 450€ por actuar no festival, e as comparsas de Narón recibirán 900€ por actuar no festival e realizar alomenos outras dúas actuacións nas parroquias de Narón. A relación de comparsas participantes é a seguinte: Comparsas de Narón: -“Os Colludos” do Alto do Castiñeiro. -“Mestura” de Freixeiro. -“Os Parrandolos” de Piñeiros. -“Troupele, Troupele” de A Gándara. -“Os Argalleiros” de A Gándara. -“As Espontáneas” de O Val. -“A Revolta” de O Couto. -“Os Nenos de Lola” de Virxe do Mar. Comparsas doutros concellos: -“Os Xunquiños” de San Valentín (Fene). -“Os Indios” de As Pontes. -“Os Trastos” de Valdoviño.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal