Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURACIÓN DA PRAZA BOTÁNICO DACAL, SITUADA NO BARRIO DE O ALTO
Dispón de máis de 1.000 metros cadrados de zona verde, nos que se inclúe tamén un parque infantil.
Narón, 11 de Marzo de 2011.- O municipio de Narón dispón -oficialmente dende hoxe- dunha nova praza pública que leva por nome Botánico Rodríguez Dacal. O homenaxeado participou hoxe no acto de inauguración deste novo espazo verde, de máis de 1.000 metros cadrados de superficie e que inclúe un parque infantil. A Corporación Municipal de Narón decidíu por unanimidade darlle o seu nome a este parque, pola importante traxectoria na investigación e difusión de coñecementos sobre prantas e árbores, que atesora Carlos Rodríguez Dacal. Antes de descubrir a praca que leva o seu nome, Carlos Rodríguez Dacal e o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, participaron na prantación dunha camelia japónica coa que se adornou o acto, e que permanecerá neste parque. “Dende o goberno municipal de Narón, seguimos na idea de abrir novas zonas verdes e viais que conecten os diferentes barrios da nosa cidade”; declarou o Alcalde. Na actualidade, o barrio de O Alto tense convertido xa nunha zona "perfectamente comunicada, tanto interior como exteriormente, e representa á perfección o modelo de barrio e de cidade que queremos extender ó resto de Narón no futuro”, declarou José Manuel Blanco. O Concello de Narón leva investidos en O Alto nos últimos dous anos máis de medio millón de euros, entre o acondicionamento deste parque situado na rúa Cangas (135.000€), a inversión na zona verde da Fonte (48.000€), a actuación do Camiño da Torre (91.650€ do POS), a nova Ponte de A Solaina (FEDER), a expropiación da rúa Cangas para abrir novos viais, a apertura de dúas travesías na rúa Rosal, e a remodelación das zonas verdes anexas á AP-9. “A día de hoxe podemos dicir que temos xa un barrio que representa o que queremos ser en Narón, con pequenos espazos verdes, e ben comunicado por carretera. Fai anos, O Alto era unha zona sin accesos e agora está totalmente conectado e listo para ofrecer unha boa calidade de vida ós seus veciños”, finalizou o Alcalde de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal