Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FEIRA DO CABALO 'EQUINARÓN 2011' SE CELEBRARÁ O 17 DE ABRIL NO RECINTO FEIRAL DO TRECE (SEDES)
A novidade desta edición é unha Mostra de Artesanía, con cinco obradoiros de fabricación de productos artesáns para tódolos públicos.
Narón, 1 de Abril de 2011.- A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa o evento Equinarón 2011, que se celebrará o domingo 17 de abril no Recinto Feiral do Trece (Sedes) con entrada de balde. A competición dará comenzo ás 10:00 horas, e haberá catro categorías nas que se poderá concursar: -Andadura serrada (dous tempos) -Andadura chapeada (catro tempos) -Arrastre (este ano redúcese o peso de 1.000 a 600 kilos) -Marcha de Trotóns Os premios de cada competición serán os seguintes: 1º premio: 150 € 2º premio: 100 € 3º premio: 75 € 4º premio: 50 € 5º premio: 30 € As inscripcións poderán realizarse no Mesón “A Trasanquesa”, na Feira do Trece, ata u nha hora antes do comezo das probas, e para poder participar é indispensable a presentación do LIC (Libro de Identificación Cabalar) e do DNI do propietario do cabalo. Ademáis da propia competición, que estará supervisada polo xuiz Antonio Castro, haberá unha exhibición ecuestre de Tomás Besada, de Sanxenxo, titulada “Soñando a caballo”. O espectáculo componse de un pase de dous cabalos (un espello do outro), doma vaquera, doma de alta escola, aires altos a riendas longas (incluido ponis), pase dunha nena montado en alta escola sin montura, baile flamenco con cabalo, un paseo de monta á amazona, etc… Pero para darlle un cambio a Equinarón e abrilo a tódala familia, o Concello organizará tamén neste mesmo escenario a I Feira de Artesanía, en colaboración coa asociación Artefeito Caseiro. A mostra inclúe a venda de diferentes productos de artesanía, e a organización de cinco obradoiros (con 10 prazas cada un) abertos a nenos/as a partir de 8 anos de idade, e a adultos. Serán os seguintes: obradoiro de pulseiras de coiro (troqueladas e trenzadas), obradoiro de bisutería feita con barro, obradoiro de elaboración de xabón francés (con herbas mediciñais), obradoiro de broches de fieltro, e obradoiro de velas (con moldes feitos a partires de patacas). A inscripción é gratuita, e realizarase chamando ó teléfono 649 042 320.

<<< Setembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
www.naron.es