Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA VI CONCENTRACIÓN MOTEIRA 'CIDADE DE NARÓN'
O paseo marítimo de Xuvia e o polígono de RIo do Pozo serán os escenarios nos que se celebre o evento, os días 3, 4 e 5 de xuño.
Narón, 13 de Maio de 2011.- O Paseo Marítimo de Xuvia e o polígono de Rio do Pozo acollerán os días 3, 4 e 5 de xuño a VI Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ organizada polo Motoclub Fojeteiros, en colaboración co Concello de Narón e o Plan de Dinamización Turística da Deputación de A Coruña. Por primeira vez, as xornadas incluirán unhas Xornadas sobre Turismo Activo, nas que os moteiros percorrerán diferentes lugares da comarca co fin de coñecer o paisaxe e o patrimonio cultural da mesma. Así, levarán a cabo dous rutas: Sábado 4 de xuño: saída ás 11:00 horas do paseo marítimo de Xuvia, para visitar o Faro de Valdoviño e a praia da Frouxeira. Regreso ás 14:00 horas. Domingo 5 de xuño: saída ás 11:00 horas do paseo marítimo de Xuvia, para visitar o pobo de A Graña, e San Felipe (incluíndo o Castelo). Despois partirán a Cabo Prioriño, para visitar as baterías de Cabo Chico e As Viñas. O regreso está previsto para as 13:30 horas. Programa da VI Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’: VENRES 3 DE XUÑO A partires das 18:00 horas: Apertura de inscripcións. Actuación dos grupos noveis da Escola de Música Moderna de Narón “Terapia” e “Bull Dog”. Simulador de “caballitos” x-bike. Concerto musical cos grupos “Que cunda o pánico!”, “Capitán Morgan” e “Riff Raff”. SÁBADO 4 DE XUÑO A partires das 10:00 horas: apertura de inscripcións. Ruta turística pola comarca. Acrobacias a cargo de “Paulo Martinho” (Exhibición con moto e Ferrari) no aparcadoiro de camións do polígono de Rio do Pozo. Diversos entretementos e simulador de “caballitos” x-bike na carpa. Cea na carpa do paseo marítimo de Xuvia. Desfile das antorchas (ás 23:30 horas) percorrendo a estrada de Castela ata a Ponte das Cabras. Farase en memoria dos moteiros que perderon a vida na estrada. Conxuro e queimada. Gran festa moteira co grupo “Los m&n`s band” e festa amenizada por “Disco Master”. DOMINGO 5 DE XUÑO Almorzo moteiro na carpa. Ruta turística pola comarca. Xantar e entrega de trofeos e premios nas diferentes categorías. O prezo da inscripción é de 30€. Pode facerse a través do tf 697 269 102; no enderezo info@motoclubfojeteiros.com, e tamén en www.motoclubfojeteiros.com ou en Facebook.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal