Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DAS II XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O PEMENTO DO COUTO
Celébranse o venres 27 de maio no salón de actos da Cooperativa do Val, en horario de mañá e con entrada libre.
Narón, 26 de Maio de 2011.- O Concello de Narón e a Cooperativa de O Val desenvolverán mañá venres 27 de maio as II Xornadas Técnicas do Pemento do Couto, que hoxe foron presentadas en rolda de prensa polo Concelleiro de Turismo de Narón, José Luis Suárez, acompañado de Tomás Casal, un dos organizadores das xornadas, que contan coa colaboración da Cooperativa de O Val e a Asociación de Veciños do Couto. O programa inclúe o desenrolo de catro ponencias, e a visita a un invernadoiro de sementeiras da Cooperativa, onde se poderá coñecer o proceso de cultivo do pemento do Couto. As xornadas comenzarán ás 9:30 horas coa presentación oficial por parte do Concello. A continuación, ás 9:45 horas se desenvolverá a ponencia “A importancia da formación profesional agraria ante os retos do futuro”, a cargo de Xosé Antonio Meixide, do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo. Ás 10:15 horas continuarase con José Díaz Varela, da Universidade da Coruña, quen falará sobre as “Perspectivas da inducción de resistencia a enfermidades do pemento”. Ás 10:45 horas será o turno para rogos e preguntas, e a continuación, entorno ás 11:00 horas levarase a cabo unha visita ós invernadoiros de sementeira da Cooperativa do Val, no lugar de Sinde. As xornadas continuarán ás 12:15 horas coa ponencia de Angeles Bernal Pita da Veiga, da Universidade da Coruña, que falará sobre “Capsicinoides e análogos non punxentes no pemento”. E a sesión finalizará ás 12:45 horas coa conferencia de Tomás Casal, investigador local, sobre “O pemento, a pementa e outras especias”. Haberá posteriormente unha sesión de rogos e preguntas, e clasurarase a xornada entorno ás 13:30 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal