Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONTINÚA DESENVOLVENDO NO VERÁN O PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PROMEDEX
Inclúe un Obradoiro de reforzo das matemáticas e a lingua no CEIP de A Gándara, e talleres de Expresión gráfica a través do graffiti nos IES, ademáis dunha Escola de Pais e Nais.
Narón, 22 de Xullo de 2011.- A Concellería de Educación de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, promoveu durante o pasado curso escolar (2010-2011) o programa PROMEDEX –a través dunha axuda concedida pola Xunta de Galicia- nos centros escolares públicos do municipio. Trátase dun programa de actividades extraescolares, que desenvolveuse dende outubro ata xuño, aínda que algunhas destas accións continúan nos meses de verán, dada a demanda rexistrada por parte dos alumnos/as. É o caso do “Obradoiro numeletras”, de reforzo das áreas de matemáticas e lingüística, que se está a desenvolver no CEIP de A Gándara a petición do centro escolar. Tamén ofrécese ós alumnos de Educación Secundaria (ESO) o Obradoiro Exprésate, no que foméntase a creatividade e o pensamento crítico a través da técnica do graffiti. Algunhas das actividades incluidas en PROMEDEX durante o pasado curso escolar foron as seguintes: Inglés para educación infantil e primaria, Xogo popular, e Reforzo educativo a través das novas tecnoloxías. Ademáis, ofertouse unha actividade dirixida ós pais e nais do alumnado, a Escola de Pais e Nais, que comenzou en outubro de 2010 e dada a boa acollida que tivo, continúa durante os meses de verán (de xuño a setembro). En conxunto, participaron no programa PROMEDEX 350 alumnos/as e 50 pais e nais de Narón. Os centros educativos participantes foron os seguintes: CEIP A Solaina, CEIP Ponte de Xuvia, CRA, CEIP A Gándara, CPI O Feal, CEIP Piñeiros, CEIP Virxe do Mar, IES Telleiras, e IES Terra de Trasancos. O importe total do programa PROMEDEX ascendeu a 33.394€, e foi financiado entre o Concello e a Xunta de Galicia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal