Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS ESCOLAS DO PADROADO DE CULTURA
Ofértanse clases de danza, gaita, percusión, canto e pandeireta, zanfona, debuxo, teatro, e construcción de instrumentos musicais.
Narón, 15 de setembro de 2011.- O Padroado de Cultura do Concello de Narón mantén aberto dende hoxe e ata o vindeiro 7 de outubro o prazo de matriculación para as Escolas Culturais Municipais. Os trámites pódense realizar no Pazo da Cultura, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Para máis información, pódese chamar ó teléfono 981 391 144. A relación de Escolas Culturais ofertadas para este curso 2011/2012 é a seguinte: -Danza tradicional. -Gaita. -Percusión tradicional. -Canto e pandeireta. -Zanfona. -Debuxo. -Teatro. -Construcción de instrumentos. -Danza contemporánea. A matrícula destas escolas ten un prezo único de 45 euros anuais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal