Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADA A SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA PARA DESEMPREGADOS "CAMIÑO DE EMPREGO"
Consulte aquí a relación de cursos ofertados.
Narón, 10 de Outubro de 2011.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de convocar a segunda edición do programa municipal de formación “Camiño Integrado de Emprego”. Trátase dun obradoiro destinado a desempregados empadroados en Narón, de entre 18 e 60 anos de idade. Os interesados poden presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 14 de outubro, en horario de 8:30 a 13:30 horas. Ademáis, deberán aportar unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de Emprego, e o currículum académico e de experiencia laboral. Tódolos interesados/as que presenten a solicitude deberán asistir á entrevista e/ou proba de selección que se realizará posteriormente no Centro Municipal de Formación “Irmans Froilaz” (A Gándara). Nesta segunda edición de “Camiño Integrado de Emprego”, o Concello oferta as seguintes accións formativas: -Fontanería: montaxe, instalación e reparación de interiores de auga fría e quente (12 prazas). -Iniciación á carpintería de madeira para traballos de reparación (12 prazas). -Limpeza de edificios e instalacións industriais (12 prazas). -Prevención de riscos laborais no sector da construcción (14 prazas). -Prevención de riscos laborais no sector naval (25 prazas). -Curso de medioambiente no sector naval (14 prazas). -Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos (25 prazas). -Igualdade de oportunidades entre o home e a muller (14 prazas). -Mellora de habilidades dixitais na percura de emprego (30 prazas).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal