Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XI FEIRA DO MEL E DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS NO RECINTO FEIRAL DO TRECE (SEDES)
Celébrase o domingo 30 de outubro, en xornada de mañá e tarde, e con entrada de balde.
Narón, 26 de Outubro de 2011.- A XI Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos celebrarase o vindeiro domingo 30 de outubro, nas instalacións municipais do Trece (Sedes). Nesta edición participarán máis dunha treintena a de proudctores ecolóxicos venidos de tódolos rincóns de Galicia, que exhibirán en venderán verduras, legumes, froitas, lácteos, ovos, carnes, doces, mel, algas ou cosméticos. Os actos se desenvolverán entre as 10 e as 14 horas, e as 16 e as 20 horas do domingo, e nese tempo os visitantes poderán coñecer a cuberto a variada oferta dos postos de venda, e disfrutar dunha degustación de queixo e pan ecolóxicos con mel da zoa. A organización sorteará entre as persoas que merquen algún producto, un total de 13 cestas –o número correspóndese co lugar no que se celebra a feira, O Trece-. Ademáis, habera dous obradoiros para os nenos/as no que os apicultores lles amosarán cómo realizar manualidades con cera. Tamén están programadas tres charlas para apicultores, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA). Serán os días 4 e 5 de novembro, no parque temático de desenvolvemento rural Aldea Nova (Sedes). VENRES, 4 NOVEMBRO, 18 HORAS • Relator.- Ángeles Fernández Sánchez • Relatorio.-“Produción primaria. Nova etiquetaxe para comercialización do mel” • Contido.- Veterinaria especializada na lexislación vixente sobre etiquetaxe de alimentos. VENRES, 4 NOVEMBRO, 19 HORAS • Relator.- Marcos Varela Lorenzo, enxeñeiro agrónomo, especializado no mundo das abellas. • Relatorio.- “Apuntamentos sobre o manexo apícola”. • Contido.- Visitas de control, colonias de apoio, control do vigor, rexeitadores, sopradores, trampas para a avespa velutina, etc. SABADO, 5 NOVEMBRO, 10:30 HORAS • Relator.- Javier Goyanes, prospector xeobiolóxico e apicultor. • Relatorio.- “A xeobioloxía aplicada á apicultura”. • Contido.- Nocións básicas de como e onde instalar adecuadamente as colmeas. Realizarase unha charla introdutoria e posteriormente prácticas na alvariza de Aldea Nova. A XI Feira do Mel e Produtos Ecolóxicos está organizada pola Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, a empresa Terranova, e o parque temático Aldea Nova. Tamén cóntase coa colaboración da Asociación Galega de Apicultura (AGA)

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es