Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SAN MATEO CELEBRA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA SAMAÍN, O LUNS 31 DE OUTUBRO
Haberá unha exposición e obradoiros de cabazas e maquillaxe, contos de medo e unha procesión nocturna.
Narón, 26 de Outubro de 2011.- O Centro Cívico e Social de San Mateo acollerá o vindeiro 31 de outubro ás 18:00 horas unha nova edición do programa Samaín, organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración coa Agrupación Veciñal de San Mateo de Trasancos. O programa de actos inclúe as seguintes actividades: A partires das 18:00 horas: -Exposición de Cabazas (mostraránse os traballos realizados polos escolares de Educación Primaria de Narón) -Obradoiro de Cabazas e Maquillaxe (obradoiro en vivo de realización das cabazas para que tódolos nenos e adultos coñezan o xeito de realizar e decorar unha cabaza do Samaín). A partires das 20:00 horas: -Obradoiro do medo (se realizará un pequeño pasaxe de medo no edificio da Escola de San Mateo) -Contos do Samaín (este ano están a cargo da compañía de Teatro Os Quinquilláns, que interpretarán un “Apropósito”, peza teatral realizada especialmente para esta ocasión). -Comitiva de Luces e Tebras (realizarase un pequeño percorrido pola parroquia, coa finalidade da súa visibilización e de facer partícipe ó resto dos veciños/as de San Mateo. Participarán tamén os membros da compañía Os Quinquilláns). A partires das 21:00 horas: -Actuación de música tradicional (a cargo dos grupos de música tradicional do Padroado da Cultura). Ademáis, a agrupación veciñal de San Mateo de Trasancos convidará a tódolos asistentes ó Samaín a unha cunca de caldo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal