Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLE A ESTREA DA OBRA DE TEATRO INFANTIL "O GATO MANCHADO E A ANDORIÑA SEÑÁ"
Teatro do Morcego representará esta peza teatral o domingo 6 de novembro, ás 18:00 horas.
Narón, 3 de Novembro de 2011.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o domingo 6 de novembro ás 18:00 horas a estrea da obra de teatro infantil “O gato manchado e a andoriña señá”, da compañía residente en Narón Teatro do Morcego. A peza teatral, dirixida a nenos/as a partires de 6 anos de idade e ó público familiar, recolle “unha historia de amor difícil e cun final incerto” en palabras do seu director, o dramaturgo naronés José Luis Prieto. “É unha traxicomedia animal, ambientada nun mundo de paxaros no que de súpeto xurde un gato”, sinalou o director, calificando a esta obra coma “un espectáculo que visualmente vai ser un pracer de ver, porque é moi fermoso e inclúe diversión e tenrura”. A estrea está protagonizada polos actores Carlos Mosquera “Mos” e Celia González, nos papeis de gato e andoriña respectivamente. A obra ten unha duración de 50 minutos, nos que hai “partes tranquilas e divertidas, alternadas con amor, desamor, aventuras e risa, todo elo aderezado por pezas musicais e a voz en off de Celso Parada. O prezo das entradas é de 4 € nenos/as e 8 € adultos. Precisamente o director de Teatro do Morcego agradeceu o apoio incondicional do Concello de Narón a esta compañía teatral, que por segunda vez é residente en Narón. Logo do seu estreno o vindeiro domingo, Teatro do Morcego continuará representando esta obra ó longo da próxima semana (do 7 ó 11 de novembro) dentro da Mostra de Teatro Infantil, na que participarán 8.000 escolares de Narón e bisbarra ata o dia 1 de decembro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal