A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBA OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE NARÓN PARA O ANO 2012
O documento contable, que ascende a 28,2 millóns de euros, foi aprobado sen nengún voto en contra.
Narón, Xoves 29 de Decembro de 2011.- A Corporación Municipal de Narón aprobou hoxe (cos votos a favor do goberno municipal, formado polos partidos TEGA, PSOE e BNG, e a abstención do PP e de Converxencia Galega) o Orzamento do Concello de Narón para o ano 2012, que ascende á cantidade de 28.275.226, tanto en gastos como en ingresos.
O resume do orzamento aprobado no Pleno de hoxe é o seguinte:
Orzamento de ingresos
Capítulo Ingresos
1. Impostos directos 11.532.000
2. Impostos indirectos 380.000
3. Taxas e outros ingresos 4.798.200
4. Transferencias correntes 9.019.394
5. Ingresos patrimoniais 130.103
6. Alleamento de inversións reais 0,00
7. Transferencias de capital 594.029
8. Activos financieiros 71.500
9. Pasivos financieiros 1.750.000
TOTAL 28.275.226
Orzamento de gastos
Capítulo Gastos
1. Gastos de persoal 7.814.601
2. Gastos bens e servizos 11.932.120
3. Gastos financieiros 960.752
4. Transferencias correntes 2.692.912
6. Inversións reais 2.561.865
8. Activos financieiros 71.500
9. Pasivos financieiros 2.241.473
TOTAL 28.275.226
Ademáis do Orzamento do Concello, hoxe tamén foi aprobado o Orzamento do Padroado de Cultura para o exercicio de 2012, que ascende á cantidade de 1.322.750. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, felicitou a tódolos grupos políticos por ter chegado a un certo nivel de consenso que permitiu aprobar os Orzamentos sen nengún voto en contra o que demostra que en Narón temos unha forma diferente de facer política; declarou o rexedor.
Outro dos acordos aprobado hoxe foi a cesión ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) dun terreo municipal de 6.142 m2 de superficie, situado en Freixeiro, para a construcción por parte da Xunta de Galicia dun novo Centro de Saúde. Esta proposta, que foi aprobada por unanimidade, inclúe o compromiso do Concello de asumir a construcciónn de accesos rodados e peatonais ó centro de saúde, ademais das obras de abastecemento, saneamento, suministro eléctrico, alumeado e telefonía.
Coa cesión deste terreo, o Concello cumpre a súa parte do protocolo de colaboración entre o SERGAS e o Concello de Narón, aprobado polo Pleno Municipal na sesión celebrada o dia 18 de novembro de 2008. Ese acordo establecía a obriga municipal de ceder ó SERGAS unha parcela ordenada urbanísticamente para tal fin, e obter os permisos e autorizacións necesarios para as obras mencionadas. Para levar a cabo esta cesión, redactouse un Plan Especial de Dotacións, aprobado definitivamente polo Pleno o 24 de febreiro de 2011, a través do cal se ordenaron diversas parcelas e se iniciou a expropiación forzosa, polo sistema de taxación conxunta, dos bens e terreos necesarios contidos nese Plan.
Noutro orde de asuntos, hoxe foi aprobada a achega municipal para o mantemento das Escolas Infantís Municipais (EIM) de A Solaina, Piñeiros e A Gándara en 2011. Ésta tivo que incrementarse ó disminuir en 2.500 por escola a subvención concedida pola Xunta de Galicia para este ano (pasando de 45.454 para cada EIM en 2010, a 42.953 para cada EIM en 2011), para restablecer así o equilibro financieiro da concesión destas escolas. O Concello aportará entón os 7.500 resultantes da disminución da achega autonómica. Pero tamén deberá abonar outros 60.000 para compensar a reducción de ingresos pola baixada das taxas fixadas polo Concello.