Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVA EDICIÓN DO CURSO DE SOCORRISTA ACUÁTICO PROFESIONAL
Organizado polo Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da Universidade de A Coruña.
Narón, 31 de Xaneiro de 2012.- O Concello de Narón abriu onte o prazo de inscrición para matricularse no Curso de Socorrista Acuático Profesional organizado pola Fundación Universidade de A Coruña (a través do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC) en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. Os interesados poden informarse e realizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello, ata o venres 10 de febreiro. A cota da mesma é de 400 euros, aínda que para o alumnado da Universidade da Coruña e para as persoas empadroadas no Concello de Narón a cota é de 340 euros. As clases darán comezo o 17 de febreiro de 2012 e rematarán o 1 de abril de 2012, impartíndose os fins de semana (venres pola tarde, e sábado e domingo mañá e tarde). A carga lectiva presencial é de 120 horas, e as prácticas realizaranse na piscina municipal de A Gándara e nas praias dos municipios de Ferrol e Valdoviño. Os contidos do curso son os seguintes: natación, primeiros auxilios, prevención de accidentes en instalacións acuáticas, rescate de accidentados no medio acuático, prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais, e rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais. Para realizar o curso é imprescindible que o número de inscritos sexa como mínimo de 20 persoas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal