Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS DE A SOLAINA, PIÑEIROS E A GÁNDARA
Pinche na noticia e descargue a solicitude de matrícula para o curso escolar 2012-2013
Narón, 1 de Marzo de 2012.- O Concello de Narón abriu hoxe o prazo de preinscrición para matricularse nas Escolas Infantis Municipais (A Solaina, Piñeiros e A Gándara) de cara ó vindeiro curso escolar 2012-2013. O prazo de solicitude finaliza o sábado 31 de marzo. A inscrición está condicionada ó efectivo cumprimento da competencia exclusiva en materia de educación por parte da Xunta de Galicia, que deberá asumir a xestión ou cofinanciamento proporcionado das EIM de Narón. O Concello resérvase o dereito a non iniciar o curso académico 2012-2013 no suposto de non dispoñer da aportación económica necesaria da Xunta de Galicia, na mesma proporción que o Concello e as familias. Esta circunstancia se lles advertirá ás familias á hora de presentar a solicitude para os seus fillos/as. A documentación pode retirarse directamente aquí (pinchando sobre o documento que figura máis abaixo, imprimíndoo e presentándoo cuberto no Concello xunto co resto de documentación que se solicita) ou ben no Rexistro Xeral do Concello e nas Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara. Unha vez cubertas as solicitudes, deberán ser presentadas no Rexistro do Concello (en horario de 8:30 a 13:30 horas) xunto coa documentación correspondente. O Pleno do Concello acordou o pasado xoves 23 de febreiro o inicio do procedemento para o traspaso da xestión das EIM ó Consorcio Galego de Servizos de Igualdade, comunicándoselle formalmente esta decisión. A data de hoxe aínda non se recibíu unha resposta oficial da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia sobre este tema.
Descarga de archivos
Solicitude de novo ingreso en escola infantil municipal
Tamaño:231,81 KB

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es