Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA CONCILIA ESCOLA
De carácter gratuito, se desenvolverá en Aldea Nova os días 2, 3 e 4 de abril.
Narón, 19 de Marzo de 2012.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven convocar unha nova edición do programa ConciliaEscola, dirixido a mulleres traballadoras con fillos/as ó seu cargo. Co obxectivo de ofrecer servizos para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, ofréceselles este servizo, dirixido a nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. O programa ConciliaEscola desenvolverase os días 2, 3 e 4 de abril no parque temático do mundo rural Aldea Nova (Sedes) en horario de 9:30 a 13:30 horas. A taxa de inscrición e o transporte son gratuitos, e realizaranse paradas en tódalas parroquias do concello. As inscricións poden realizarse no Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) ata o día 23 de marzo. A relación de actividades educativas que se desenvolverán no programa ConciliaEscola é a seguinte: -Xogos tradicionais (a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas…) -Enerxías Renovables (experimentar e aprender coas novas tecnoloxías, cociñar nunha cociña solar, facer motores…) -Astronomía (identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable, ou no mesmo ceo cos telescopios) -Pegadas, rastros e sinais (recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e realizar un obradoiro das pegadas dos animais) -Agroecoloxía (labores na horta de forma ecolóxica e tradicional) -Supervivencia (saber orientarse no medio físico) -Cometas (aprender a facer cometas) -Gandería (coñecemento e coidado dos animais de granxa) -Etnografía (historia e tradicións de Galicia aproveitando a reproducción do castro, da mámoa, ou a casa-museo) -Cociña (facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…) -Reciclaxe artístico (elaborar obxectos partindo de elementos de refugallo, por exemplo, construcción de monicreques) -Construción de xoguetes (xoguetes tradicionais galegos e outros) -Candeas (realizar velas con paneis de abellas) -Xabón (realizar xabón a partir de elementos reciclados e naturais)

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es