Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA 'CORREDOIRA VERDE' PARA ESTA PRIMAVERA
Aberto a tódolos públicos, os participantes podrán percorrer un total de 10 rutas pola naturaleza da comarca de Ferrolterra ata o Ortegal.
Narón, 22 de Marzo de 2012.- O Concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, presentou hoxe en rolda de prensa o programa “Corredoira Verde Activa” que se desenvolverá dende o 31 de marzo ata o 16 de xuño, cun total de 10 rutas pola natureza. Este programa foi deseñado pola Cooperativa de Educación Medioambiental (CEM) e os participantes poderán percorrer toda a comarca de Ferrolterra ata o Ortegal, e coñecer así o extenso patrimonio arqueolóxico e a beleza da paisaxe. Os interesados poden inscribirse mensualmente no Rexistro Xeral do Concello, abonando unha taxa de 11,80€ ó mes. Tódalas rutas inclúen transporte en autobús (algunhas de ida e volta, e outras o retorno) . Os participantes recibirán unha documentación básica de cada unha das etapas, consistente nun mapa a escala para aprender a orientarse, e información sobre o patrimonio arqueolóxico e a riqueza da paisaxe.
Descarga de archivos
Calendario de rutas Corredoira Verde 2012
Tamaño:61,54 KB

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es