Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FEIRA DO CABALO 'EQUINARÓN 2012' CELEBRASE O DOMINGO 15 DE ABRIL
Terá lugar no Recinto Feiral do Trece (Sedes) coa participación dun centenar de equinos.
Narón, 1 de Abril de 2012.- O Recinto Feiral do Trece (Sedes) acolle o vindeiro domingo 15 de abril unha nova edición de Equinarón, a Feira do Cabaalo organizada polo Concello de Narón, en colaboración con Protección Civil e o Mesón A Trasanquesa (neste último pódense realizar as inscricións ata unha hora antes de comenzar a proba. É imprescindible presentar unha fotocopia do Libro de Identificación Cabalar –LIC-). Equinarón desenvolverase en horario de 9:00 a 20:00 horas, e como complemento, o recinto feiral do Trece acollerá tamén a II Feira da Artesanía e Mel, na que participan a Asociación de artesáns Artefeito Caseiro e a Asociación Galega de Apicultores (AGA). Está prevista a participación de 100 exemplares de cabalos. Este ano, a Feira do Cabalo inclúe as seguintes competicións: -Andadura serrada, dous tempos -Andadura chapeada, catro tempos -Marcha de trotóns -Trote de trotóns -Arrastre -I Concurso de cabalos e eguas galegos Haberá premios para cada unha destas competicións, sendo de 120€ o primeiro, 90€ o segundo premio, e 60€ o terceiro, ademáis dos correspondentes trofeos. No Concurso de cabalos e eguas os premios serán de 90€ (1º), 60€ (2º) e 30€ (3º). O control das probas realizarase da seguinte forma: -Andadura e trote: contemplarase o tempo empregado na proba e aplicarase por cada erro cometido unha penalización de 5 segundos. -Arrastre: realizarase a paso, descualificando a persoa concursante que se saia do paso ou que realice tres saídas con rexeitamento. Partirase cun peso fixo e cun tempo máximo de cinco minutos. Todos os participantes deberán presentar unha fotocopia do LIC para a súa inscrición nas probas. O emprego de calquera tipo de violencia sobre o animal causará a eliminación instantánea do binomio implicado.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal