Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO TRASLADA O ENCONTRO DE MAIORES Ó RECINTO FEIRAL DO TRECE, E ÁBRESE A TÓDALAS IDADES
O prazo para inscribirse nesta convocatoria remata o 15 de xuño. Haberá transporte gratuito en tódalas parroquias de Narón.
Narón, 30 de Maio de 2012.- O Concello de Narón ven de modificar o formato do tradicional Encontro de Maiores de Pedroso, organizado tódolos anos para festexar o remate das actividades municipais de envellecemento activo. Este ano o Encontro de Maiores ábrese a tódalas idades e trasládase ó recinto feiral do Trece (Sedes) para aforrar os costes económicos deste evento. Así, e con motivo de favorecer a convivencia comunitaria, organízase un Encontro Interxeneracional destinado a persoas maiores de Narón e ás súas familias, coa idea de que sexan elas mesmas as que traian o seu xantar da casa para compartir na xornada. Para aquelas persoas que non poidan ou non desexen cociñar, os restaurantes e mesóns de diferentes parroquias tamén organizarán ese día uns menús especiais e a precios módicos para que os podan mercar e traer ó Encontro. A organización habilitará mesas e cadeiras tanto dentro coma fora do recinto, para o xantar. O evento celebrarase o sábado 30 de xuño na nave de mercadorías do Recinto Feiral do Trece, e para participar é necesario confirmar asistencia antes do día 15 de xuño, en algún dos seguintes lugares: AVV Altea de Xuvia, AVV Ceibe de Narón, AVV Alto do Castiñeiro, Club de Anciáns de Piñeiros, AVV Virxe de Fátima de Freixeiro, Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros”, Asociación da Terceira Idade da Gándara, Asociación da Terceira Idade de A Solaina, AVV Chafarís, AVV Rosa dos Ventos de Sedes, Asociación da Terceira Idade de Pedroso, AVV A Naveira de Doso, Fogar de Maiores Terra de Trasancos do Val, e AVV Virxe do Mar. A Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio, presentou hoxe en rolda de prensa o evento, que terá servizo de transporte gratuito. O programa de actividades é o seguinte: 10:30 horas: Chegada 11:00 horas: Demostración de actividades 13.30 horas: Clausura dos actos 14:00 horas: Xantar 17:00 horas: Baile 18:00 horas: Concurso de xogos 19:00 horas: Regreso Durante toda a xornada, haberá tamén obradoiros de xogos populares, exposicións e demostracións en vío de artesanía. Este evento conta coa colaboración de todo o movemento asociativo de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal