Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA CONCILIA-ESCOLA
Desenvolverase en xullo no parque de Aldea Nova. O prazo de inscrición ábrese o luns 25 de xuño.
Narón, 22 de Xuño de 2012.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de convocar unha nova edición do programa ConciliaEscola, pensado para nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, cuxas nais teñen que conciliar o traballo co seu coidado. O prazo de inscrición abrirase o luns 25 de xuño, e haberá 89 prazas subvencionadas para nenos/as empadroados en Narón, que pagarán unha taxa de 30€. Para os non empadroados en Narón, o prezo será de 80€. ConciliaEscola desenvolverase do 9 ó 27 de xullo, en tres turnos: Do 9 ó 13 de xullo: 1ª quenda (29 prazas) Do 16 ó 20 de xullo: 2ª quenda (30 prazas) Do 23 ó 27 de xullo: 3ª quenda (30 prazas) O horario establecido é de 10 a 19 horas. Para informarse e inscribirse, haberá que acudir ó Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) ou ben chamar ó teléfono 981337700 extensión 1113, en horario de 9:00 a 13:00 horas. O programa ConciliaEscola desenvolverase no parque temático de Aldea Nova (Sedes) onde se levarán a cabo as seguintes actividades: -Xogos tradicionais (a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas…) -Enerxías renovables (experimentar e aprender coas novas tecnoloxías, cociñar na cociña solar, facer motores…) -Astronomía (identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable ou no mesmo ceo cos telescopios) -Pegadas, rastros e sinais (recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e poderán facer un taller das pegadas dos animais) -Agroecoloxía (labores na horta de forma ecolóxica e tradicional) -Supervivencia (saber orientarse no medio físico) -Cometas (aprender a facer cometas) -Gandería (coñecemento e coidado dos animais de granxa)

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal