Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE NARÓN
A Corporación municipal de Narón, integrada polos grupos políticos municipais de TEGA, PP, BNG, PSdeG-PSOE e Mixto (CG), reunida con carácter extraordinario e urxente en sesión plenaria, ás doce horas do día vinte e seis de xuño de dous mil doce, MANIFESTA: Que no día de onte, 25 de xuño de 2012, unha muller, unha moza naronesa de vinte e oito anos, foi brutalmente asasinada nunha rúa desta localidade. As investigacións policiais en marcha apuntan a que esta morte se trata dun novo caso de violencia machista. Iria era unha moza coñecida e querida na parroquia de Xuvia, na que a súa familia e ela mesma creceron e viviron dende hai moitos anos. Este crime, o primeiro que se produce nesta localidade con resultado de morte dende a entrada en vigor da Lei de violencia de xénero, vén de producir na nosa veciñanza unha fonda sensación de angustia e consternación pola extrema gravidade do acontecido. Todos os anos, unanimemente, os representantes de Narón realizan unha declaración contra a violencia, que, por desgraza, a día de hoxe, recupera todo o seu fondo sentido. Polo antes exposto o Concello de Narón ACORDA PRIMEIRO.- Condenar o brutal asasinato da nosa veciña IRIA GARCÍA BOUZA no día de onte, e manifestar a máis enérxica repulsa deste Consistorio ante esa morte e fronte á violencia de xénero, como lacra social de primeira orde que está a atentar contra dereitos e principios constitucionais fundamentais e que esixen, non só actuacións a nivel legal e xudicial, senón tamén un compromiso institucional e de toda a sociedade de profundo rexeitamento en todas as súas crueis manifestacións. SEGUNDO.- Amosar o total apoio e solidaridade do pobo de Narón e os seus representantes cos pais, familiares e amizades de Iria. TERCEIRO.- Convocar aos/ás veciños/as de Narón a unha concentración silenciosa de cinco minutos que terá lugar ás doce e media do día de hoxe, vinte e seis de xuño, ante o edificio do Concello, co fin de condenar enerxicamente estes feitos e esixir que a violencia de xénero e todas as súas manifestacións desaparezan por completo da nosa sociedade e das nosas vidas. CUARTO.- Decretar dous días de loito oficial no municipio naronés que rematarán ás 00:00 horas do día de mañá.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal