Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SEDES ACOLLE ESTE FIN DE SEMANA O 14º OENACH ATLÁNTICO
Narón, 24 de Xullo de 2012.- A parroquia de Sedes acollerá os días 27, 28, e 29 de xullo a 14ª edición do Oenach Atlántico, que coma a súa etimoloxía indoeuropea indica é “un lugar de reunión ou de encontro para realizar trocos, relacións sociais, alianzas, rendir culto, festejar cambios estacionais, etc,”, que en definitiva se corresponde coa nosa identidade como comunidade . Por tanto o Oenach nace, hai catorce anos coma un proxecto de didáctica do patrimonio antropológico-etnográfico, pero protagonizado pola comunidade veciñal de Sedes, onde se recrean diversas situacións de vida cotiá procedentes da vida dos castros que son as orixes das nosas aldeas e do rural galego. A pesares da crise económica, o Grupo de Traballo de Sedes, coa colaboración do Concello e dun grupo de patrocinadores privados, conseguíu manter e amosar ós visitantes un evento cheo de contidos co seguinte programa: VENRES DIA 27: A partires das 20 horas:NOITE DE MUSICA GALICIANA, que constará de: - Acendido simbólico do Lume do Oenach . Chantado dos Estandartes dos grupos participantes, con exhibicións e lendas - Degustación da cunquiña de caldo galiciano - Concerto de múseca indíxena galiciana a base de gaita, zanfona, percusión, acordeón, aturuxos e alíalas a de diferentes músicos da comarca. SÁBADO DIA 28: - 10 h. Recreación en directo dun día de traballo nun castro, coa montaxe da simulación museística da vida dun castro, con trabalo nun horto, cuidado e mantenza de animais, tarefas de tecido, moenda, elaboración de comidas, cerámica, traballo na pedra, na madeira, na cestería, no tinxido de teas, de construcción de palloza…. - 11 h. Feira-Mercadiño de obxetos de complemento e avalorios , con máis de vintecinco expositores-vendedores. - 22,30 h. NOITE DO CASTRO , con representación teatral do Grupo de Teatro Comunitario de Sedes,da obra “Ser ou non Ser Romano” no que máis de cincuenta veciñas e veciños pondrán en escea unha montaxe guionada e producida por eles mesmsmos, na propia escea do castro de Eiravedra - 23,30 Romaxe de Placente, con degustación gastronómica na que poden participar os asistentes da Noite do Castro e calquera que quera achegarse. DOMINGO DIA 29: - 10 h Apertura da Aldea Castrexa, e da mostra museística. - 11 h. Feira-Mercadiño. - Montaxe da Feira de Artesanía da vestimenta tradicional, con 1000 m2 de exposición e venda de calzado tradicional, avalorios e xoiería, traxe tradicional de diario e de gala, venta de roupa tradicional, sombreirería de palla de centeo e corozas de encarga, bordados de boliños, cestería e complementos, tecidos de mantelería, lenzos, sabas e prendas en liño confeccionado en tear, exposición da roupa tradicional, fiado de lá, proceso en vivo do liño, venta de calcetíns e obxetos de pura lá de ovella, e outros. - 12 h Mostra.Exhibición de adestramento de Can de Palleiro, raza autóctona, e Encontro de Propietarios de Cans de Palleiro. - 13,15 h Recreación e Exhibición parateatral na Aldea Castreña, con participación de Castreñas, Romanos e outras tribosgalicinas - 19,00 h. CARREIRA POPULAR DO CASTRO con saida da Feira do trace, nun recorrido circular ata o castro de Eiravedra e retorno á Feira - 20 h. Entrega de Acreditacóns, Trofeos, Agradecementos e Fenecido dos Lumes do Oenach O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, agradeceu o esforzo do Grupo de Traballo de Sedes, para que este evento singular da etnografía galiciana siga sendo unha referencia no Norte de Galicia. Pola súa parte, a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García quixo salientar o exemplo de dinamización e participación mantido durante anos e concretado nesta experiencia do Grupo de Traballo de Sedes, que non se esgota na realización do evento, senon que mantén unha intensa vida intrasociativa dende hai máis de catro anos. Dende o Grupo de Traballo de Sedes, Francisco Ramil e Nicolás Bellón, animaron a toda a veciñanza da comarca a visitar o Oenach, así coma a tódalas persoas que queiran achegarse a ver e disfrutar desta expresión do noso acontecer coma territorio e comunidade. DATOS DO OENACH ATLÁNTICO Edición: 14 Orixinalidade: Proxecto pioneiro de didáctica do patrimonio antropolóxic-etnográfico con participación veciñal, único e senlleiro en Galicia. Mostra e Simulación Museística: Centrada na vida e época castrexa. Elementos reproducidos: Máis de duascentas pezas. Entidades Participants: Seis entidades Asociativas procedentes de Ourense, Lugo e A Coruña. Artesanos relacionados coa vestimenta tradicional: vinte artesanos ou tendas orixinais. Outros expositores-vendedores do mercadito: máis de vintecinco. Superficie ocupada polas recreación: 5000 m2. Superficie total da parcela: 10000 m2. Aparcamentos con capacidade para 500 vehículos. Restaurantes para comer nun radio de cincocentos metros: Restaurante A Trasanquesa, Restaurante Montesol e Restaurante Casa Pendás, con máis de 500 prazas entre os tres. Media de visitantes ó longo dos tres días: 10.000 a 15.000 persoas. Eixos-Actos do Oenach: Concerto música da Noite de Múseca Galiciana. Feira de Artesanía sobre Vestimenta Tradicional: Recreación Teatral no interior do Castro de Eiravedra. Mostra-Exhibición de Adestramento do Can de Palleiro. Carreira Popular do Castro e Xogos Rurais. Mercadito popular. Recreación Museística dunha Aldea Castreña con trinta centros de interés patrimonial. Participación veciñal: arredor de 200 veciños e veciñas que traballan durante todo o ano, có asesoramento de técnicos en didáctica do patrimonio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal