Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVERXENCIA GALEGA INTÉGRASE NO GOBERNO MUNICIPAL DE NARÓN
A edil Mª Rodríguez Porto ocuparase das áreas de Turismo, Novas Tecnoloxías e Relacións Institucionais.
Narón, 7 de Setembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, compareceu hoxe en rolda de prensa para presentar o novo pacto de goberno asignado co partido Converxencia Galega, cuxa concelleira pasa a integrarse no goberno municipal xunto cos partidos de Terra Galega (TEGA), PSOE e BNG. María Rodríguez Porto, pasará a asumir as delegacións de Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías, e Turismo (esta última área era gobernada por Mª del Mar Gómez, de TEGA, quen pasa a asumir a delegación de Festas, dirixida ata agora por Guillermo Sánchez Fojo, do mesmo partido). As funcións que levará a cabo a nova representante do goberno municipal, formado agora por 13 persoas, son as seguintes: - Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías: dar soporte xeral á Alcaldía nas relacións cos cidadáns, empresas e organismos públicos. Imaxe corporativa. Campañas de publicidade institucional. Telefonía, voz e datos de carácter interno. E servizo de Wifi na zona rural. - Turismo: estudio do inventario de instalacións de interese turístico. Confección de guías e documentación turística. Propostas de criterios para outorgar subvencións ás distintas entidades. Coordinación con outras administracións públicas en materia de promoción turística. Sobre o novo acordo de goberno, o Alcalde de Narón (que compareceu acompañado pola nova edil do goberno, e os socios do PSOE –Catalina García- e o BNG –Pablo Villamar-) declarou que “foi un pacto fácil de levar a cabo porque a nosa ideoloxía e os nosos programas electorais son moi similares, e dende sempre mantivemos o interés por sumar esforzos e integrar ó maior número de forzas posibles”. O rexedor destacou a boa saúde da coalición de goberno de Narón, sinalando que “aquí hai un goberno único, e que toma as decisións en conxunto. O novo pacto mellorará a actividade que xa tíñamos e suporá mellorar tamén a atención ós veciños”. A concelleira María Rodríguez Porto non terá ningún tipo de dedicación exclusiva –nin parcial nin total-, que tan só teñen 2 representantes (o propio Alcalde e un edil) dos 13 que forman parte do goberno municipal de Narón. Tan só cobrará o que xa está estipulado nos Orzamentos Municipais do 2012, e que tamén reciben o resto de concelleiros (por asistencias a comisións e plenos). Pola súa banda, María Rodríguez Porto declarou que dende o primeiro día desta nova lexislatura “Converxencia Galega estivo traballando nunha oposición constructiva, facendo propostas e intentando sacalas adiante, ó contrario que o outro partido que está na oposición”. A delegada asegurou que Narón “é un concello atípico, que creo que supón un exemplo para outros. E eu chego aquí con ilusión e gañas de traballar polo ben dos nosos veciños e a nosa comunidade”, apuntou. O portavoz do BNG, Pablo Villamar, destacou o momento de especial dificultade que está a atravesar o conxunto do país, respecto ó cal declarou que “nesta situación tan complexa, a colaboración de todos é imprescindible. E se o goberno tripartito está funcionando ben, penso que o cuatripartito pode ir igual de ben”, sinalou. Ademáis, destacou a actitude de colaboración da edil de Converxencia Galega dende a oposición neste último ano de goberno. En representación do PSOE, Catalina García apuntou o exemplo que está a dar Narón con este pacto de goberno a outras corporacións municipais, e salientou que María Rodríguez Porto “dende que entrou a formar parte da Corporación Municipal de Narón demostrou que quere traballar para sacar Narón adiante, e iso é de destacar”. Finalmente, o portavoz de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, asegurou que en Narón estase a practicar a “normalidade democrática que tería que ser común en tódolos municipios".

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal