Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS ESCOLAS CULTURAIS DE NARÓN COMENZA O DIA 17 DE SETEMBRO
Ademáis das xa existentes, este ano inclúese unha escola dirixida a nen@s de 3 e 4 anos de idade.
Narón, 11 de Setembro de 2012.- O Padroado de Cultura de Narón abrirá o vindeiro luns 17 de setembro o prazo de matrícula para as Escolas Culturais Municipais, ás que este ano únese unha nova: o Recuncho dos Pequerrechos. Trátase dunha nova actividade destiñada a nenos e nenas de 3 e 4 anos de idade, impartida por unha mestra de Educación Infantil, que ten como obxectivo principal o desenvolvemento integral do/da menor, así como orientalos para unha futura elección de actividades nas escolas culturais do Padroado de Cultura. O prazo de presentación das solicitudes para tódalas escolas estará aberto ata o 6 de outubro, e o prezo da matrícula é de 60€ (excepto a inscrición na Escola de Actrices e de Actores e a Escola de Danza Contemporánea, que a partires do 2º curso terán un custo de matrícula de 200€). A relación de Escolas Culturais Municipais é a seguinte: Danza Tradicional (Infantil e Adultos), Gaita (Infantil e Adultos), Percusión Tradicional Galega (Infantil e Adultos), Canto e Pandeireta (Infantil e Adultos), Debuxo (Infantil), Teatro (Infantil e Adultos), Zanfona (Infantil e Adultos), Construción de Instrumentos de Percusión Tradicional Galega (Adultos), Escola de Actores e Actrices (Adultos), Escola de Formación de Danza Contemporánea (Adultos), e o Recuncho dos Pequerrechos (nenos/as de 3 e 4 anos). Tódolos cursos serán impartidos nos locais que habitualmente emprega o Padroado de Cultura, e as inscricións poderán realizarse no Pazo da Cultura (en horario de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas). Tamén pódese formalizar a matrícula nos Locais Sociais Municipais e nas ANPAS dos colexios onde se oferten estas actividades. Os cursos terán unha duración de 8 meses. As clases comenzarán a partires do 15 de outubro de 2012 e rematarán o 15 de xuño do 2013.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal